Home Pontevedra Barro A Deputación de Pontevedra abre a inscrición para a segunda "Depo Orienta"...

A Deputación de Pontevedra abre a inscrición para a segunda “Depo Orienta” que percorerá o monte do Acibal en Barro

- Anuncio -

A cita terá lugar o último domingo de setembro e as persoas interesadas en asistir xa poden anotarse a través do sitio web da institución provincial

As persoas amantes do deporte sustentable, a natureza e a orientación xa poden inscribirse na segunda das rutas do programa “Depo Orienta” da Deputación de Pontevedra, que realizarase o domingo 26 de setembro no Monte do Acibal en Barro. Trátase da segunda das saídas deste programa provincial de orientación tras a excepcional acollida da primeira actividade celebrada o pasado domingo no Monte do Galiñeiro (Gondomar), cun éxito de participación rotundo.

O prazo de inscrición desta nova actividade xa está aberto e pode realizarse no sitio web da Deputación de Pontevedra (www.depo.gal) ata o luns 20 de setembro ou ata esgotar as 200 prazas dispoñibles, momento no que as persoas interesadas pasarán a estar en lista de agarda.

“Depo Orienta” finalizará o 10 de outubro cunha cita na desembocadura do río Umia (Cambados) na que, coma no resto de saídas, o obxectivo das persoas participantes será realizar no menor tempo posible un percorrido marcado no terreo por puntos de control e coa axuda dun mapa, que se lles entregará xunto co material preciso para a realización da actividade no punto de partida.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

A Deputación dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada por Inés...

0
Inés Rodríguez agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas, poñendo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación colaborará coa AEPA para facer de Ourense a primeira provincia nacional de...

0
Así o acordaron Luis Menor e David Martínez, presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autonómos de Ourense (AEPA), nunha reunión de traballo no...

Publicacións Relacionadas