Home Vigo Pazos de Borbén O concello de Pazos de Borbén destaca o éxito de audencia e...

O concello de Pazos de Borbén destaca o éxito de audencia e o retorno económico do paso da Volta Ciclista a España polo municipio

- Anuncio -
  • A retransmisión do paso da proba polo concello chegou a máis de 190 paises de todo o planeta
  • Case 4 millóns de espectadores seguiron a través das canles de Radio Televisión Española o desenvolvemento da penúltima etapa da volta ciclista a España. “Unha cifra que pon de manifesto a extraordinaria visibilidade que esta clase de probas achegan a municipios pequenos como o noso”, explicou o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, tras o paso da Serpe Multicolor polo concello o pasado sábado.
  • Así, o equipo de goberno do Concello de Pazos de Borbén valora de forma moi positiva a promoción do municipio obtida grazas ao paso da Volta Ciclista. “As imaxes do paso da Volta polo noso municipio chegaron a millóns de persoas de máis de 190 países de todo o mundo. É unha difusión desorbitada que sen dúbida terá unha gran repercusión económica no municipio”, explicou Iglesias.
  • Do mesmo xeito, o rexedor remarcou o apoio de toda a veciñanza do municipio durante o paso da proba. “Todos os veciños envorcáronse en engalanar o percorrido e apoiar aos deportistas ao seu paso”, explicou Iglesias, ao que engadiu que “este sábado máis medio planeta puido comprobar a xenerosidade, a amabilidade e a implicación de todos os veciños de Pazos de Borbén. Demos a mellor imaxe posible como municipio, e iso é impagable”, finalizou o edil.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas