O concello de Baiona abre o prazo de inscrición para participar en “Orientaaventura pola Igualdade”

Redacción

O Concello de Baiona abre o prazo de inscrición para participar en «Orientaventura pola Igualdade», unha actividade deportiva, lúdica e educativa que combina orientación, estratexia e traballo en equipo coa sensibilización en materia de igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero.

Consiste en percorrer a pé las cales e zonas verdes de Baiona coa axuda dun mapa, tratando de localizar diferentes puntos de control e superar diversas probas relacionadas coa igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero.

O obxectivo é conseguir o maior número de puntos posible, deseñando unha estratexia propia e decidindo libremente a orde no que se visitarán os distintos puntos de control. A toma de decisións, a planificación e a cooperación entre as persoas participantes serán fundamentais para completar o percorrido con éxito.

Participación e desenvolvemento da actividade

A actividade desenvolverase o sábado 21 de novembro,por equipos dun mínimo de 2 e un máximo de 6 persoas. En todos os equipos deberá participar, obrigatoriamente, polo menos unha persoa maior de idade.
A duración total será de dúas horas e media, distribuídas de la seguinte xeito:
Punto de encontro Praza do Concello de Baiona a las 10.30 horas
• Charla técnica inicial: 30 minutos, durante os cales se explicarán as normas e o funcionamento da proba.
• Proba de orientación: 2 horas para localizar os puntos de control, superar os retos e acumular puntos.
Cada equipo terá liberdade para deseñar a súa propia estratexia, elixir como realizar o percorrido e decidir a orde no que visitará os diferentes puntos de control sen ser obrigatorio o paso por todos eles. Deste xeito, calquera persoa independentemente da súa idade ou estado de forma puiden participar e desfrutar da actividade.
Inscricións
As persoas interesadas poderán inscribirse presencialmente no Centro Ángel Bedriñana, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, ou a través do correo electrónico:

angelbedrinhana@baiona.gal

Ou a través do número de teléfono 986 35 60 77

Para formalizar a inscrición deberán facilitar os seguintes datos:
• Nome do equipo.
• Nome e apelidos de todas as persoas integrantes do equipo.
• Idade de cada unha das persoas participantes.
• Número de teléfono de contacto dunha das persoas integrantes do equipo maior de idade.

O prazo de inscrición finalizará o xoves 19 de novembro, a las 14.00 horas.
A actividade é gratuíta e contará cun máximo de 150 participantes, polo que as prazas estarán limitadas a capacidade establecido. Adxudicaranse por orde de inscrición.
A participación inclúe seguro de responsabilidade civil e de accidentes, así como avituallamiento líquido e sólido ao finalizar a proba.

Material necesario:
Cada un dos equipos deberá levar un teléfono móbil por se fose necesario nalgún momento comunicar coa organización da proba
Recoméndase mochila con avituallamiento sólido e líquido durante o transcurso da proba
Calzado e roupa cómoda.
Chubasquero se hai previsión de choiva

Con esta iniciativa, o Concello de Baiona aposta por unha proposta participativa que une actividade física, lecer saudable e educación en igualdade, promovendo a colaboración, a reflexión e a sensibilización fronte á violencia de xénero nunha contorna dinámica e ao aire libre.

Comparte este artigo