A música en directo correrá a cargo do trío ‘Tic-Tac’
O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de promoción da actividade física e socialización da veciñanza de maior idade, organiza este domingo 7 de novembro un baile no Auditorio do Torreiro de Priegue de 19:00 a 22:00 horas con música en directo do trío ‘Tic-Tac’. Coma sempre, a entrada é libre ata completar aforo. O obxectivo do Concello é achegar esta actividade ás parroquias, polo que no mes de decembro se organizará en Camos.

