O concello de Baiona celebra unha nova edición do Concurso de Micro-Beléns

Redacción

O obxectivo é fomentar a creatividade, as manualidades e o espírito familiar que caracteriza a estas datas tan especiais. Unha oportunidade perfecta para compartir tempo, ilusión e talento, e manter vivas as tradicións de sempre.

O Nadal achégase e, con ela, a maxia, a creatividade e as tradicións volven encher as rúas de Baiona. O Concello de Baiona, a través da Concellaría de Cultura, convoca unha nova edición do Certame de Micro-Beléns 2026-2027, unha cita entrañable que invita á veciñanza de todas as idades a deixar voar a súa imaxinación recreando o nacemento de Jesús en formato miniatura.

As persoas interesadas poderán inscribirse do 9 de novembro ao 7 de decembro de 2026, tanto na Oficina de Rexistro do Concello de Baiona como a través da Sede electrónica municipal (www.baiona.gal) onde están expostas as bases completas e os formularios de inscrición e poderán participar persoas de todas as idades, xa sexa de forma individual ou colectiva.

Os micro-beléns deberán representar o tradicional portal con figuras como San José, a Virxe María, o Neno Jesús, os Reis Meigos ou o anxo anunciador, o seu tamaño máximo permitido é de 30 x 60 centímetros, pero a creatividade non ten límites: materiais reciclados, ideas orixinais e detalles minuciosos serán benvidos.

Todas as obras expoñeranse ao público no edificio multiúsos Mercado de Sabarís entre o 11 de decembro de 2026 e o 6 de xaneiro de 2027, enchendo o espazo de arte, tradición e espírito do Nadal.

O certame premiará o talento e a orixinalidade en las seguintes categorías:

  • Micro-belén máis orixinal
  • Micro-belén máis laborioso
  • Micro-belén máis popular (segundo votación do público)
  • Micro-belén infantil (para participantes ata 14 anos)
  • Micro-belén elaborado por un colectivo.

O Concello de Baiona anima a toda a cidadanía a participar e a converter este certame nunha auténtica festa da creatividade, a convivencia e o espírito do Nadal.

Comparte este artigo