Home Pontevedra Campo Lameiro A corporación Municipal de Campo Lameiro seguirá adiante coa declaración de "persoa...

A corporación Municipal de Campo Lameiro seguirá adiante coa declaración de “persoa non grata” tras considerar “totalmente insatisfactoria” a

- Anuncio -

A CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMPO LAMEIRO SEGUIRÁ ADIANTE COA DECLARACIÓN DE “PERSOA NON GRATA” TRAS CONSIDERAR “TOTALMENTE INSATISFACTORIA” A OFERTA DE ABANCA DE ENVIAR UN AUTOBÚS UNHA VEZ POR SEMANA

A entidade crediticia ofrece unha unidade móbil os xoves de 9 a 14 horas e estudiar a posibilidade de acudir tamén os días de feira (2 ao mes)

Campo Lameiro, 9 de setembro de 2021

A Corporación Municipal de Campo Lameiro considera “totalmente insatisfactoria” a proposta trasladada pola dirección territorial de Pontevedra ao alcalde Carlos Costa, no transcurso dunha xuntanza que tivo lugar nas oficinas centrais na capital da provincia, de enviar unha unidade móbil (un autobús) ao concello unha vez por semana e adscribir unha persoa ao manexo do “caixeiro intelixente” para instruir aos usuarios nas funcións básicas. Tamén estudiarían a posibilidade de situar a unidade móbil na vila os día de feira (os días 4 e 20 sempre e cando non cadraran en festivos ou fins de semana).

Ante esto a Corporación Municipal de Campo Lameiro decidiu unánimemente rexeitar ese ofrecemento e continuar coa tramitación do expediente de declaración de “Persoa non grata” a Juan Carlos Escotet como presidente e responsable último da decisión de pechar a única oficina bancaria existente no municipio condenando a unha poboación duns 1.800 habitantes a perder un servizo básico esencial.

“A NOSA OFICINA TEN MOITOS MÁIS QUE 6 OPERATIVAS DIARIAS”

Pola súa banda, o alcalde Carlos Costa considera insuficientes as explicacións públicas que está dando a Dirección de Abanca para pechar oficinas argumentando que en moitas delas non se realizan diariamente nin media ducia de operativas. “No caso de Campo Lameiro é unha mentira como unha catedral. A nosa oficina é unha das máis activas da provincia e o poden testemuñar ben os medios de comunicación que desde hai casi un mes que están a diario no municipio poden ver como a entrada e saída de persoas facendo xestións bancarias é unha constante que demostra da importancia e da relevancia que esta sucursal ten para o tecido económico e social do noso municipio”.

Carlos Costa amosouse moi contrariado por esta nova proposta porque “atópase moi lonxe das mínimas necesidades que demanda a nosa poboación. Non nos parece de recibo que despois de todo o que levamos falado e demostrado con protestas e con testemuñas reais de persoas de carne e oso que se van ver moi prexudicadas polo peche de sucursal nos veñan agora con esta proposta mísera. Eles saben que meteron a pata e que Campo Lameiro está moi por enriba deses ratios dos que están falando e saben que para resolver o problema que eles mesmos crearon teñen que ir moito máis alá”.

“SEGUE ABERTA A PORTA DO DIÁLOGO PERO, POR FAVOR, SEXAN SERIOS”

Para a Corporación Municipal o diálogo segue aberto porque “cremos que é a única maneira de resolver un problema que crearon eles e que prexudica a moita xente maior, fundamentalmente, pero tamén ao tecido empresarial e aos usuarios en xeral de Abanca. Agardamos que se impoño o senso común e que busquen unha saída digna tanto para eles como para os veciños e veciñas de Campo Lameiro e, desde logo, está moi lonxe dun autobús por semana e un caixeiro titorado por unha persoa durante uns días. Segue aberta a porta do diálogo pero, por favor, sexan serios”, indicaron desde a Corporación Municipal.

Mentras tanto o Goberno Municipal segue a manter contactos con outras entidades bancarias coa intención de explorar todo tipo de posibilidades para “remprazar a Abanca despois de ternos demostrado a súa falta de lealdade aos seus clientes e aos nosos veciños, logo de anos e anos crendo neles e apostando por un banco que dicía ser galego, pero o único que persegue é expremernos ao máximo e sacar o máximo beneficio sen atender a ningún postulado social nin de construción de país como nos dixeron no seu día”, concluíron.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas