A Deputación mantén a súa aposta pola atención á poboación penitenciaria e á diversidade funcional

Redacción

-A institución provincial participa nas 40º Xornadas Penitenciarias, un foro promovido polo asociación Concepción Arenal, colectivo que traballa pola reinserción social das persoas que cumpriron penas de prisión

  • A colaboración da Deputación permítelle á asociación levar a cabo iniciativas como ‘Motivación ó cambio: programa motivacional dirixico a persoas internas en centros penais’

A Deputación de Lugo participou esta tarde na sede da Universidade de Educación a Distancia (UNED) de Lugo, na inauguración das 40ª edición das Xornadas Penitenciarias Lucenses, un encontro de referencia no ámbito da reflexión social e penitenciaria. As xornadas este ano abordan as luces e sombras que rodean os apoios ás persoas con discapacidade, un balance que se fai no marco do quinto aniversario da Ley 8/2021, de 2 de junio, por la que se reforma la legislación civil y procesal para el apoyo a las personas con discapacidad en el ejercicio de su capacidad jurídica.

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou no acto inaugural, xunto á presidenta da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Elvira Paloma Fernández, e a directora da UNED en Lugo, Ana Belén Traseira, entre outras autoridades. Rivera tamén tomou parte na entrega de medallas e recoñecementos a distintas persoas, polo seu labor no eido social, que tivo lugar antes do desenvolvemento do programa de ponencias e coloquios.

As Xornadas Penitenciarias Lucense, organizadas pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal coa colaboración da UNED Lugo, desenvólvense hoxe e mañá e permiten a participación tanto presencial como en liña. As xornadas están consolidadas como un espazo estable de análise e debate, no que cada ano se abordan cuestións sociais que, en maior ou menor medida, tocan tamén o eido penitenciario.

Neta ocasión, o foro serve para analizar a atención ás persoas con diversidade funcional, especialmente de tipo intelectural. Nela participará Manuel Seoane Mera, que é responsable do Programa de Acceso a la Justicia de FADEMGA, facilitador procesal e membro da Red de Personas Facilitadoras de Plena Inclusión.

O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participará mañá, ás oito da tarde, na clausura das xornadas.

Comparte este artigo