O concello de Nigrán ofrece a película “Tranvía a la Malvarrosa” este xoves no cine municipal

Redacción

Encádrase na programación do Concello polo centenario da liña que uníu Vigo e A Ramallosa

O Concello de Nigrán ofrece este xoves 12 de novembro ás 19:00 horas no Cine Municipal da Ramallosa a película ‘Tranvía a la Malvarrosa’, proxección que se encadra na programación para conmemorar o centenario da liña que uníu Vigo e a comarca desde setembro de 1926 a finais de 1968. A entrada é de balde ata completar aforo.

O drama dirixido por José Luís García Sánchez conta cun elenco de actores conformado por Liberto Rabal, Ariadna Gil, Fernando Fernán Gómez, Juan Luis Gallardo, Antonio Resines… Trátase dunha adaptación da novela homónima de Manuel Vicent. Valencia, anos cincuenta. Manuel, un mozo provinciano de clase media, acaba de chegar á cidade para estudar Dereito. Ao mesmo tempo, vive o primeiro amor, aínda que a súa ríxida educación relixiosa exponlle certas dúbidas morais.

A programación ao respecto continúa o 2 de decembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal cunha conversa para analizar a mobilidade actual e os seus desafíos. Finalmente, desde Nadal a finais de Xaneiro haberá unha exposición no Centro da Terceira Idade da Ramallosa (antiga estación). Toda a programación foi deseñada grazas as asociacións ‘Enganchados do pescante. Memoria dos tranvías de Vigo’, Resiliencia e o experto Ismael Pérez-Izaguirre.

Comparte este artigo