Home A Coruña A Xunta impartirá a semana que vén un taller de confección de...

A Xunta impartirá a semana que vén un taller de confección de ramos de noiva do CFEA DE Guísamo

- Anuncio -

― Organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), o curso desenvolverase o vindeiro venres 17 de setembro, en horario de mañá

― O obxectivo principal desta acción formativa é garantir a adquisición dunhas destrezas básicas na realización de composicións florais con produtos de xardinaría e floraría producidos fundamentalmente nas explotacións agrarias galegas

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), desenvolverá o vindeiro venres 17 de setembro un taller de confección de ramos de noiva no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, no concello de Bergondo. Esta acción formativa celebrarase en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas.

Ao longo das catro horas de duración, o programa incidirá no coñecemento das flores para cada tempada e na elección das mesmas para un ramo perdurable no tempo mediante técnicas axeitadas de secado. Para iso haberá unha parte práctica centrado na realización dun ramo de noiva. Ademais, analizaranse as novas tendencias neste tipo de produtos e como as redes sociais poden servir de inspiración na súa elaboración.

Deste xeito, o obxectivo principal deste curso é ofrecer un taller eminentemente práctico no que se garanta a adquisición dunhas destrezas básicas na realización de composicións florais con produtos de xardinaría e floraría, producidos fundamentalmente nas explotacións agrarias galegas.

A Xunta aposta pola continua profesionalización do sector mediante cursos coma este, que se enmarcan no plan de formación continua 2021. Así, preténdese mellorar a produtividade, ao mesmo tempo que se potencia a remuda xeracional co fin de consolidar un modelo produtivo sólido e sustentable do agro galego.

Cabe lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina pode atoparse o referido curso e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deberán remitirse cubertas ao enderezo electrónico cfea.guisamo@edu.xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional poñéndose en contacto co coordinador do curso no teléfono 881 881 047.

Relacionadas

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Publicacións Relacionadas