Corte ao tráfico a partir de mañá na estrada LU-P-2602 en Xove

Redacción

Informámosvos que a partir de mañá, luns 16 de novembro, comezará o corte ao tráfico na estrada provincial LU-P-2602, que comunica Porto de Morás con Beltrán, debido ás obras de saneamento do firme. O corte terá unha duración aproximada de 12 días e afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 1,560 e 1,650. A circulación desviarase por itinerarios alternativos debidamente sinalizados.

Comparte este artigo