Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán abre este martes 21 o prazo de inscrición...

O concello de Nigrán abre este martes 21 o prazo de inscrición nas actividades socio-deportivas e culturais municipais

- Anuncio -

Recupera as anteriores á pandemia, co mesmo aforo e mesmo custe e todos os inscritos en actividades deportivas poderán facer uso gratuito da sala de fitness

O Concello ofrecerá en outubro a posibilidade de inscribirse en clases de piano ou de surf dirixido á infancia

O Concello de Nigrán abre desde este martes 21 de setembro e ata o venres 24 de setembro o prazo para que os empadroados do municipio se inscriban nas actividades socio-deportivas e culturais municipais, que arrincarán o 4 de outubro e rematarán o 31 de maio. Igualmente, o Concello abrirá novamente o prazo de inscrición do 28 ao 30 de setembro (aquí poden anotarse os non empadroados) para aquelas actividades nas que aínda quedase aforo. O lugar de inscripción é o Auditorio Municipal de 9:00 a 14:00 horas, cubrindose as prazas por rigurosa orde de matriculación. Toda a información cos seus horarios e grupos está pendurada na portada da web municipal www.nigran.es.

Neste novo curso 2021/2022 o Concello recupera a oferta anterior á pandemia, co mesmo aforo e mesmo custe pero tamén atendendo a calquera situación de emerxencia sanitaria. Igualmente, en outubro abrirá un novo prazo de inscrición para anotarse a clases de piano ou a surf dirixido á infancia, informando convintemente no seu momento.

As actividades a realizar son: taichí, ioga, taekwondo, aerobic-step, ximnasia da 3ª idade, ximnasia mantemento, pilates, zumba, tenis, cerámica, torno, música, pintura e gravado. Todos os inscritos en actividades deportivas poderán facer uso gratuito da sala de fitness.

O prezo das actividades é de 75€ para as persoas empadroadas en Nigrán e de 100€ para os non empadroados. (Nos importes inclúese o seguro

obrigatorio de accidentes). A actividade de tenis de adultos dos sábados terá un prezo de 37,5€ para as persoas empadroadas en Nigrán e de 50€ para os non empadroados. Igualmente, terán dereito a unha bonificación do 50% sobre o prezo público as persoas empadroadas en Nigrán que se atopen nunha situación de necesidade ou de dificultade económico-financieira,

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas