O Concello de Mos completa as obras de mellora do vial de acceso ao parque empresarial de Veigadaña

Redacción

A actuación supón un investimento de preto de 145.500 euros, cunha achega de case 120.000 euros da Xunta de Galicia

O Concello de Mos está a ultimar as obras de mellora do vial de acceso ao parque empresarial de Veigadaña, uns traballos que permitirán renovar e acondicionar esta vía de comunicación, mellorando as condicións de circulación e acceso á zona empresarial.

O proxecto conta cun orzamento total de preto de 145.500 euros. Desta cantidade, case 120.000 euros proceden dunha subvención concedida pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, que financia o 80 % do investimento. O 20 % restante é achegado polo Concello de Mos.

Entre os traballos realizados figuran demolicións e actuacións previas, a renovación de firmes e pavimentos, así como outras intervencións complementarias. O proxecto incluíu tamén a xestión dos residuos xerados durante a execución das obras e as correspondentes medidas de seguridade e saúde.

Con esta intervención, o Concello de Mos mellora o vial de acceso a Veigadaña, unha vía que dá servizo ás empresas e ás persoas usuarias desta zona empresarial e que contará cun pavimento renovado.

Comparte este artigo