O Pleno do Concello reunirase en sesión extraordinaria o vindeiro luns, ás 9.15 horas, con 10 asuntos na orde do día

Redacción

O goberno municipal presentará a aprobación inicial 6 propostas de modificación de crédito para mobilizar máis de 14 millóns de euros

Tamén se tratarán un estudo de detalle e 3 levantamentos de reparo

O Pleno do Concello de Ourense reunirase o vindeiro luns, 23 de novembro, ás 9.15 horas, nunha sesión extraordinaria con 10 propostas de acordo na súa orde do día.

Os expedientes foron ditaminados favorablemente esta mañá en 2 sesións da Comisión de Pleno. Na primeira, o goberno municipal presentou as propostas de modificación de créditos 5P, 6P, 7P, 8P, 9P e 10P, destinadas a mobilizar un total de 14.384.427,40 euros procedentes do remanente de tesourería para gastos xerais. O seu obxectivo é executar investimentos nas áreas de Infraestruturas, Deportes e Perímetro rural, ademais de reforzar as partidas da área social, entre outros.

As propostas recibiron o voto favorable do grupo de goberno de DO e a reserva de voto para a sesión plenaria por parte de PP, PsdeG-PSOE e BNG. Os expedientes presentaranse no Pleno do luns para que proceda, se é o caso, á súa aprobación inicial.

Na segunda reunión, a Comisión de Pleno tratou os expedientes de levantamento dos reparos números 81R, 83R e 84R, relativos á aprobación das facturas da reparación dun muro de contención na aldea de Sistís e doutro na rúa Diego Sarmiento de Acuña, e aos traballos de pintado e valado do circuíto de educación viaria na rúa Fonte do Bispo. Tamén abordou a aprobación definitiva do estudo de detalle para a agrupación de parcelas nos números 4 e 6 da rúa Arcediagos. Todas estas propostas de acordo pasan á sesión do luns cos votos a favor de DO e reserva de voto por parte dos restantes grupos.

Propostas de modificación de crédito

As propostas de modificación que se presentarán ante o Pleno do Concello teñen estes importes e finalidades:

Modificación 5P: 393,61 euros para financiar os convenios con diferentes entidades sociais, aumentar o crédito das axudas de emerxencia e afrontar o pagamento de sentenzas relativas ao servizo de axuda no fogar.
Modificación 6P: 839,77 euros para aboar unha indemnización determinada por sentenza xudicial pola anulación dunha licenza de obra dun edificio na rúa do Progreso.
Modificación 7P: 133.000 euros para executar novos investimentos en instalacións deportivas do Consello Municipal de Deportes. A consignación económica inclúe actuacións de eficiencia enerxética, substitución de céspede en campos de fútbol e melloras nas instalacións de Oira e Arrabaldo. Tamén se destinan 18.000 euros para a redacción do proxecto dun novo skatepark.
Modificación 8P: 251.010,80 euros para atender necesidades derivadas de convenios subscritos polo Concello e actuacións en vías públicas financiadas con fondos europeos. Entre elas figuran a humanización das rúas Doutor Fleming e Bonhome, o sistema de elevación vertical na rúa Amor Ruibal ou os convenios con Adif para mellorar a permeabilidade en Ramón Puga e Tarascón, entre outros proxectos.
Modificación 9P: 367.183,22 euros para actuacións da área de Infraestruturas, como as obras de emerxencia executadas polo afundimento na rúa Pena Trevinca, o incendio da Casa de Baños, así como na avenida de Portugal por abandono das obras por parte da empresa adxudicataria, e outras.
Modificación 10P: 000 euros para realizar 17 intervencións en localidades do perímetro rural (reparación de firmes, muros e outras obras de mantemento e conservación).

Comparte este artigo