Home Pontevedra Ponte Caldelas Os veciños de Laxoso e o PPdeG amosan a súa satisfación pola...

Os veciños de Laxoso e o PPdeG amosan a súa satisfación pola inclusión na 3ª fase da PO-234 a inclusión de sendas peonís e a mellora da seguridade viaria

- Anuncio -

· O proxecto construtivo fai especial incidencia na atención peonil no entorno da Casa do Pobo, tal e como solicitaba a veciñanza e reclamaron os edís do Partido Popular.

· O tramo que falta por arranxar contempla ademais a dotación de cunetas de seguridade que permiten o uso protexido dos viandantes e facilita unha maior conectividade a pé dos distintos lugares de Laxoso.

Os veciños de Laxoso e os concelleiros do Partido Popular de Ponte Caldelas valoran moi positivamente a inclusión no proxecto de mellora da 3ª fase da estrada PO-234 entre Laxoso e Portasouto de sendas peonís e cunetas de seguridade para facilitar a conexión a pé entre dos distintos núcleos poboados e a Casa do Pobo de Laxoso, tal e como demandaba a veciñanza e os propios edís populares.

Tras manter unha xuntanza co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, os representantes veciñais manifestaron a súa satisfacción co proxecto aos concelleiros do Partido Popular que, en todo momento, estiveron pendentes de que o proxecto recollera as inquedanzas e necesidades da veciñanza en materia de seguridade vial e acceso peonil aos recursos socioculturais dos que dispón Laxoso como é a Casa do Pobo.

Os veciños trasladáronlle aos populares a súa satisfacción polo proxecto exposto no que se recollen tramos de beirarrúas, sendas peonís interconectadas con cunetas de seguridade para facilitar o paso pedestre das persoas que residen en Laxoso, sobre todo, entre os lugares onde existen vivendas e a Casa do Pobo.

O obxecto do proxecto da 3ª fase é a adaptación da estrada PO-234 ao Plan de baixa IMD mellorada, no treito comprendido entre os p.q. 2+580 (Laxoso) e 4+150 (encrucillada do Portasouto), que consistirá na mellora puntual do trazado e a ampliación da calzada ata os 7 m de largo coa conseguinte reposición do seu firme; a mellora das interseccións coas vías públicas; a execución de cunetas de seguridade e mellora da drenaxe transversal e lonxitudinal e a reposición da sinalización horizontal e vertical e das barreiras de seguridade flexibles.

Unha vez rematado o proceso de exposición pública, tanto os veciños como os concelleiros do PPdeG agardan que se axilicen ao máximo os trámites para que se poida executar canto antes a derradeira fase da mellora da estrada PO-234.

“Para nós é unha satisfación que o proxecto recolla tanto as demandas da veciñanza como as nosas preocupacións en dotar de elementos que favorezan o entorno da Casa do Pobo como espazo de convivencia veciñal e centralidade. As sendas peonís, as cunetas de seguridade e as melloras na drenaxe eran unha preocupación de todos que, afortunadamente, se incluíron no proxecto que agora remata a súa exposición pública”, indicou o voceiro do PPdeG, Antón Xil.

“Despois de que lográramos desbloquear unha situación inxusta e prexudicial para os veciños e poidéramos deixar de lado os problemas que impedían que se poidera levar adiante esta obra tan necesaria, agardamos que agora se leve a cabo o máis axiña posible para completar a mellora da PO-234 e facer efectivo o noso comprimiso ante os veciños. Diálogo, entendemento e colaboración é a mellor combinación para conseguir un futuro e unha calidade de vida mellor para a veciñanza. Esta experiencia tamén nos debe axudar a comprender como se deben facer as cousas e como non, sobre todo cando actitudes personalistas o único que fixeron foi prexudicar aos lexítimos intereses dos veciños”, concluíu Xil.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas