A XXIII Reunión Uromir consolida en Sanxenxo máis de dúas décadas de compromiso coa formación dos futuros especialistas en uroloxía en Galicia

Redacción

–           A localidade acolle hoxe e mañá unha nova edición deste encontro anual cos           MIR desta especialidade centrado na patoloxía uretral e a uroloxía pediátrica

–             Os médicos internos residentes de Uroloxía da Área Sanitaria de Pontevedra e O               Salnés participan activamente nesta reunión, acompañados polos doutores Juan    J. Núñez, titor de residentes, e Juan A. González Dacal, urólogo do CHUP       pontevedrés e coordinador da Unidade de Uro-Oncoloxía

Sanxenxo acolle hoxe sábado e mañá domingo 22 de novembro la XXIII Reunión UroMIR, un encontro científico e formativo que, ao longo das súas edicións, consolidouse coma unha cita anual para os médicos internos residentes -MIR- de Uroloxía de Galicia.

 

Desde os seus inicios, UroMIR mantivo coma obxectivo principal fomentar a formación especializada, o intercambio de coñecementos e a convivencia entre os futuros urólogos da comunidade galega. Cada edición adícase a profundizar en áreas relevantes da especialidade, combinando a actualización científica coa aprendizaxe práctica e a participación activa dos residentes.

 

Nesta vixésimo terceira edición, o programa científico céntrase en dúas áreas de especial interese para a formación urolóxica: a patoloxía uretral e a uroloxía pediátrica, abordando aspectos fundamentais do seu diagnóstico, tratamento e manexo clínico.

 

Participación activa da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Os médicos internos residentes de Uroloxía da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés participan activamente nesta reunión, acompañados polo doutor Juan J. Núñez, titor de residentes e responsable da coordinación da formación especializada en Uroloxía desta área de saúde.

 

A súa participación reflicte o compromiso do servizo de Uroloxía do Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés cunha formación integral, actualizada e de calidade, así coma pola apostaa importancia de promover espazos de encontro entre residentes e especialistas dos distintos hospitais galegos.

 

Catro décadas de evolución no tratamento do cancro de próstata

A presente edición da Reunión UroMIR conta tamén coa participación do doutor Juan A. González Dacal, urólogo da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e coordinador da Unidade de Uro-Oncoloxía, quen imparte unha conferencia maxistral titulada «Catro décadas. Novas xeracións: a evolución do tratamento con terapia de deprivación androxénica».

 

Durante a súa intervención, este especialista realiza un percorrido polos principais avances que marcaron os últimos 40 anos no tratamento hormonal do cancro de próstata, desde o desenvolvemento das primeiras terapias farmacolóxicas de supresión androxénica ata a súa integración nas estratexias terapéuticas actuais.

 

 

A conferencia ofrece unha perspectiva histórica e científica sobre a evolución dun tratamento fundamental na abordaxe do cancro de próstata, poñendo de relevo como a investigación e a innovación contribuíron a transformar a súa manexo clínico.

 

Un encontro que mira ao futuro da Uroloxía galega

Tras vinte e trés edicións, a Reunión UroMIR continúa a representar un espazo de referencia para a aprendizaxe, a colaboración e o intercambio de experiencias entre distintas xeracións de urólogos.

 

A continuidade desta iniciativa pon de manifesto a importancia da formación especializada e do traballo conxunto entre os servizos de Uroloxía de toda Galicia, contribuíndo ao desenvolvemento profesional dos residentes e á mellora continua da atención sanitaria.

 

A participación dos médicos internos residentes e especialistas da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés reafirma a súa implicación na docencia, a actualización científica e a formación de las novas xeracións de profesionais da Uroloxía.

Comparte este artigo