- ’Nº 26’, ‘Daldea’, ‘4.34’, ‘Non queda nah’, ‘Néboa’ e ‘Non ten xeito’ son as seis composicións gañadoras nas tres categorías do programa
- As propostas recibirán as súas respectivas distincións nunha gala final xunto co resto de premiados nas 14 categorías restantes
A Xunta de Galicia acaba de premiar na modalidade de Músicado Xuventude Crea 2026 as pezas Nº 26, Daldea, 4.34, Non queda nah, Néboa e Non ten xeito, compostas por Nicolás Hermida, Diego Nogueira e Sara Varela, rapaces dos municipios pontevedreses de Lalín e Ponteareas e da localidade coruñesa de Ponteceso, respectivamente.
Deste xeito, na final desta categoría, celebrada na Cidade da Cultura, resultaron gañadoras co primeiro premio ás creacións musicais de Nicolas Hermida, Nº 26 e Daldea, quepoden encadrarse na nova escena urbana galega con fondo arraigamento no artesán e nos son de raíz galego.
Mentres, o segundo galardón do Xuventude Crea 2026 distinguiu as pezas de Diego Nogueira, natural de Ponteareas, que levan por título 4.34 e Non queda nah. Trátase de dúas composicións que, segundo o seu propio autor, reflicten a súa procura de novas sonoridades e de construír unha identidade artística propia. Deste xeito, a primeira baséase na exploración da polirritmia e no contraste e na interacción instrumental. Pola súa banda, a segunda fusiona elementos da música tradicional galega e do flamenco nun contexto jazzístico.
Finalmente, o terceiro premio foi para Sara Varela, de Ponteceso, con Néboa, unha pezana que aborda a desconexión íntima con persoas que seguen a estar presentes fisicamente nas relacións cotiás, e con Non ten xeito, ondeafonda nas posibilidades do amor a distancia.
Décimo sétimo ‘Xuventude Crea’
Cómpre lembrar que a modalidade de Música é unha das 15 especialidades que compoñen a convocatoria do Xuventude Crea 2026, que segue a consolidar a seu interese entre a mocidade galega con preto de medio milleiro de persoas inscritas este ano e que celebrará a gala cando rematen todas as finais das diferentes categorías.
A iniciativa chega este ano á súa décimo sétima edición sendo un programa consolidado e con prestixio no eido cultural e artístico galego, no que xa participaron preto de 6.000 mozos e mozas, con 4.000 obras e proxectos creativos e no que se repartiron preto de 700 premios por un importe total superior ao millón de euros e 89 mencións de honra.

