Home Vigo O Porriño Festas do Cristo 2021: cambio de localización das próximas dúas eliminatorias do...

Festas do Cristo 2021: cambio de localización das próximas dúas eliminatorias do xogo “Trivium Porriño”

- Anuncio -

A Concellería de Festexos informa que, debido á previsión meteorolóxica, decidiu cambiar o lugar onde se celebrarán as dúas próximas quendas de clasificación do xogo “Trivium Porriño”, previstas para o venres 24 e o sábado 25. Terán lugar no pavillón do colexio “Fernández López” onde se instalará o escenario para o desenvolvemento das dúas probas.

Haberá público con aforo limitado.

Mantense a hora prevista, a partir das 18.00 horas, os dous días.

As dúas primeiras quendas celebraronse a fin de semana pasada no Parque do Cristo.
“Trivium Porriño” é un xogo similar ao “Trivial” pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.

“A infografía do escenario do xogo vai centrada no Pan do Porriño e na súa receita como referencia á nova meta acadada coa concesión da Marca Protexida Pan do Porriño”, segundo sinalou Cami Moreira, concelleira responsable.

Organizan a Concellería de Festexos e a OMIX do Concello de Porriño, coa produción de “Especialistas Hípica Celta”. Trátase dunha nova proposta de lecer que se desenvolve na programación das Festas do Cristo 2021.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas