Home Pontevedra Deza Luís Taboada anima a toda a Veciñanza de Vila de Cruces a...

Luís Taboada anima a toda a Veciñanza de Vila de Cruces a seguir os pasos de Cristina Arias e xestionar unha Casa do Maior.

- Anuncio -

• Mireya Otero é coñecedora desta iniciativa desde o primeiro momento cando Cristina e ela mesma estiveron a ver posibilidades para este negocio en edificios municipais, os cales non se adaptaban ás súas necesidades.

Mireya Otero quere dar o parabén a Cristina Arias, por lograr a axuda da Xunta de Galicia para xestionar unha Casa do Maior en Duxame, (Vila de Cruces). Mireya aínda lembra como meses atrás percorreron conxuntamente con Cristina Arias, e o propio Tenente de alcalde Julio López, diversos edificios municipais que Cristina Arias previamente solicitara.

Despois de varias entrevistas déuselle a opción da Casa do Conserxe, que quedou desestimada, ao ser un ben da Xunta de Galicia e estar afectada por Educación, máis tarde tentouse coa posibilidade de que ocupase un local no Centro de Día de Vila de Cruces, algo que foi imposible, xa que parte da corporación non o víao ben, ao ser ela unha persoa autónoma que se ía a lucrar cun traballo persoal, nunhas instalacións pagas por todos os veciños e veciñas de Vila de Cruces, sendo unha competencia desleal para outros posibles usuarios ou usuarias.

Entón foi cando Cristina comentoulles que dispoñía dun baixo nunha das súas propiedades e tentaríao dese xeito, algo que polo visto se materializou estes días e que o grupo de Goberno coñeceu pola prensa, felicitándoa pola súa iniciativa e incentivando con esta forma de actuación a que outras persoas poidan tamén ser beneficiadas.

Luís Taboada cre que esta iniciativa dá Casa do Maior é moi beneficiosa, para todos e todas aquelas emprendedoras, que queiran traballar desde casa sen ter que desprazarse, ao mesmo tempo que coidan dos nosos maiores, “e non tan maiores”, xa que a Xunta estipula que calquera maior de 60 anos pode ser acollido nestas Casas do Maior, sen ser necesario que sexan dependentes, é máis, a Xunta axuda á emprendedora para facer as modificacións que necesite no local ata un importe de 15.000 euros e unha vez aprobada a solicitude,
páganlle á emprendedora ou emprendedor como o caso de Cristina 59.058€ entre este ano e o 2023, algo moi interesante ao conseguir desta maneira incentivar o traballo nas zonas rurais, ao mesmo tempo que tamén se atende mellor aos nosos maiores.

Relacionadas

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 760.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 635.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 630.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 520.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 1,4 M € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e...

0
A institución provincial destinará 1,18 M € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos...

A Deputación organiza en maio no Museo de Pontevedra un curso de audicións comentadas...

0
A profesora Sara Domínguez Lloria dedicará cada mércores a unha obra destacada de grandes compositores: Saint-Saëns, Ravel, Mussorgsky e Rimski-Kórsakov A Deputación de Pontevedra organiza...

Publicacións Relacionadas