Home Pontevedra COGAMI forma a 14 persoas con discapacidade como expendedores de combustible en...

COGAMI forma a 14 persoas con discapacidade como expendedores de combustible en Vigo

- Anuncio -

Esta formación é unha das accións que contempla o programa de formación e inserción laboral Máis Emprego que financia Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo e que desenvolve COGAMI na provincia de Pontevedra.

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia en Vigo, no local da Cámara de comercio situado en Avenida de República Arxentina 18A, un curso de Expedición de gasolina e manipulación de alimentos ao que asisten 14 persoas, 2 mulleres e 12 homes, todas elas con discapacidade recoñecida ou con incapacidade laboral para a profesión habitual.

Esta formación, financiada pola Fundación “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo (FSE), está enmarcada dentro do programa Máis Emprego, programa que ten por obxectivo o acceso ao mercado laboral por vez primeira e tamén a reciclaxe profesional.

O alumnado, que conta con idades comprendidas entre os 18 e os 59 anos, procede dos concellos de Vigo, Porriño, Tui, Poio, Salvaterra de Miño, Redondela, Gondomar, Marín e Cambados. De luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, asistirá ás clases teóricas que contarán cunha duración de 30 horas nas que recibirá formación básica de expedición de combustible e atención ao público e poderá obter o certificado de manipulador de alimentos. O resto das horas da totalidade de 100 que contempla o curso, serán realizadas como prácticas en empresas nas zonas de residencia do alumnado, co fin de facilitarlle o contacto co tecido empresarial da zona e, polo tanto, de favorecer a súa inserción.

Antes do inicio, o alumnado cursou unha formación en informática de 20 horas que facilitará a realización de tarefas propias do posto e, tralo remate deste curso, recibirá un seminario complementario de mellora da empregabilidade, no que se lle facilitará información sobre ferramentas e técnicas para a posta en marcha da súa busca activa de emprego.

Programa Máis Emprego.
COGAMI iniciou o programa Máis Emprego na provincia de Pontevedra en 2017, tendo por finalidade mellorar a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral en situación ou risco de exclusión, promovendo a activación para a busca de emprego e o trazado de itinerarios integrados e personalizados de cara á inserción laboral.

Durante este 2021, foron 137 as persoas atendidas a través deste programa, 62 mulleres e 75 homes, coas que se está traballando na súa inserción sociolaboral, capacitándoas para a busca de emprego a través do trazado de itinerarios integrados e personalizados, como xa se fixo coas 480 persoas que xa pasaron por Máis Emprego, das que o 43% logrou a inserción laboral.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas