Home A Coruña Iria Flavia acollerá ata o 1 de abril de 2022 unha exposición...

Iria Flavia acollerá ata o 1 de abril de 2022 unha exposición en homenaxe a “La Colmena” co gallo do 70 aniversario da súa publicación

- Anuncio -

A mostra “La Colmena. Historia dunhas páxinas zarandeadas” foi inaugurada esta mañá polo secretario xeral de Cultura e os alcaldes de Padrón e Rois

A Xunta de Galicia rende homenaxe á novela “La Colmena”, un dos piares da obra do Nobel galego Camilo José Cela, co gallo do 70 aniversario da súa publicación cunha exposición que pon de relevancia os problemas do manuscrito para superar a censura e a súa publicación inicial en Bos Aires. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a mostra, que se poderá visitar ata o 1 de abril na sede da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, en Iria Flavia.

Anxo Lorenzo estivo acompañado polos alcaldes de Padrón, Antonio Fernández Angueira; e Rois, Ramón Tojo Lens; así como pola concelleira de Cultura padronesa, Lorena Couso; a comisaria da exposición e coordinadora de Actividades Culturais da Fundación, Lourdes Regueiro; e o bibliotecario da Fundación, Iván Rodríguez Varela.

Anxo Lorenzo explicou que a exposición ofrece a historia das dificultades sufridas desde que o autor anunciara a idea dunha nova obra, titulada La clientela de María Domingo (1945), ata a derradeira edición da novela, que corresponde ao ano 2020. “Así mesmo–engadiu o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade– haberá un recordo especial para o recentemente falecido cineasta Mario Camus, director da versión cinematográfica deste retrato social e costumista da España dos anos 50”.

Pola súa banda, o alcalde de Padrón desexou que esta mostra axude a que a veciñanza do municipio, así como de concellos da contorna, “se acheguen por Iria Flavia para coñecer máis sobre La Colmena e sobre o seu autor”. Neste sentido, lembrou unha anécdota escrita polo propio Cela diante dos problemas que sufríu coa censura: “cogí tal cabreo con mis páginas y conmigo mismo que, sin encomendarme ni a Dios ni al Diablo, arrojé al fuego de la chimenea el gruso fajo de cuartillas del original. Mi mujer, que estaba cosiendo en una butaca frente a la mía, desbarató la lumbre y rescató los papeles de aquel auto de fe que no llegó a consumarse gracias a su intervención. A veces le guardo gratitud”. “Nós si que lle gardaremos por sempre gratitude a dona Rosario Conde por interromper aquel auto de fe que, por outra parte, demostra que estas páxinas non puideron estar máis zarandeadas, como di o título da exposición”, concluíu Fernández Angueira.

Medio cento de pezas

“La Colmena. Historia dunhas páxinas zarandeadas” amosará ao visitante preto de medio cento de pezas pertencentes ao fondo documental, bibliográfico e artístico da propia entidade.

Entre elas cómpre salientar o primeiro volume dos catro que forman o manuscrito orixinal da novela, a denegación da censura española á publicación do libro, as epístolas coa editorial Emecé (que o publicou en 1951 en Bos Aires) coa aceptación da edición, a autorización en 1962 da importación da obra ou a mesa de café na que o Nobel galego redactou a derradeira versión de La Colmena.

Así mesmo, pódense contemplar varias edicións significativas e a revista literaria Leer, que no ano 2005, a través dunha enquisa de Sigma 2, calificou esta obra como “a mellor novela española do século XX”.

Xa no eido do cine poderanse visualizar extractos da película homónima do ano 1982 La Colmena, galardoada co prestixioso Oso de Ouro do Festival de Cine de Berlín en 1983, onde Camilo José Cela interpreta a personaxe de Matías Martí, así como o guión cinematográfico do filme e unha réplica do galardón berlinés.

Estes materiais compleméntanse cunha serie de paneis coas palabras do propio Camilo José Cela narrando a historia da súa novela, así como ofrecendo a súa definición da novela. Por outra banda, as opinións dos expertos celianos completan o marco histórico da mellor novela da posguerra española.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas