Alternativa dos Veciños volveu a reunirse coa veciñanza da urbanización do Xalo.
No encontro estiveron Javier Gestal e Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños.
A finalidade principal da reunión foi abordar a problemática da falta de abastecemento de auga que afecta gravemente á zona e valorar diferentes opcións. Pero tamén se trataron diferentes cuestións relacionadas co urbanismo.
Alternativa continúa mantendo contacto directo coa veciñanza, escoitando as súas demandas e traballando para trasladar as súas preocupacións ás administracións correspondentes.

