Nova cita no cineclub Val Miñor

Redacción

Este xoves 26 ás 20:00 h temos unha nova cita na pantalla grande coa proxección do documental do 2026:
🎥 NAZA, dirixido por Yuval Abraham e Rachel Szor.
Gravado en segredo nas azoteas de Tel Aviv, este premiado documental recolle os testemuños anónimos de máis de vinte militares e axentes de intelixencia israelís para destapar o uso da intelixencia artificial e dos sistemas automatizados nos ataques sobre Gaza. Unha obra imprescindible sobre o termo militar que dá nome ao filme (nezek agavi, «danos colaterais») que nos convidará a reflexionar e debater ao rematar a sesión.
Coma sempre contaremos coa presenza para a presentación e o coloquio posterior do profesor Alfonso Castaño Hernández.
Non faltes!
📅 Día: Xoves, 26 de novembro
🕗 Hora: 20:00 h
📍 Lugar: Cine Municipal – Centro Comercial A Ramallosa (Nigrán)
🎟️ Entrada: de balde

Comparte este artigo