Home Ourense Unha delegación formada por 30 persoas representará ao PP de Ourense na...

Unha delegación formada por 30 persoas representará ao PP de Ourense na Convención Nacional de Valencia

- Anuncio -

· Manuel Baltar subliñou a importancia dunha cita “na que o PP de Ourense vai contribuír á construción dunha alternativa de goberno nas próximas eleccións xerais”

· O presidente do PP, Pablo Casado, felicitou a Manuel Baltar pola súa elección como presidente provincial co 99,24 % de apoio dos compromisarios

A nova xunta directiva do Partido Popular de Ourense, baixo a presidencia do recen nomeado presidente Manuel Baltar, celebrou hoxe por vía telemática a súa primeira reunión, na que se nomearon aos delegados que, xunto cos membros natos, representarán á provincia na convención nacional que esta fin de semana celébrase en Valencia. Unha cita que comezou onte luns en Santiago de Compostela, nun conclave itinerante ao que acudiu o presidente do PP, Pablo Casado, que felicitou a Manuel Baltar pola súa elección co 99,24 % de apoio dos compromisarios.

A delegación ourensá estará integrada por 30 persoas, entre as que figuran os representantes designados pola xunta directiva provincial e os membros natos, entre os que se atopan cargos do partido e institucionais.

Manuel Baltar subliñou a importancia da convención de Valencia, “na que o PP de Ourense vai contribuír á construción dunha alternativa de goberno nas próximas eleccións xerais, nunha España na que urxe un cambio que os populares queremos alcanzar da man da sociedade”. O primeiro paso, dixo, “foi a demostración de unidade e estabilidade que os nosos militantes deron no 18º Congreso Provincial do domingo, e o segundo vai ser a consecución do mellor mellor resultado histórico da nosa formación nunhas municipais, gañando en todos os concellos, na entidade menor de Berán e por suposto na Deputación”.

No medio deste proceso, destacou, “imos rearmar un proxecto político destinado a gobernar con Pablo Casado á fronte, recollendo a visión que a medio e longo prazo expuxeron os relatores en Santiago”, referíndose así á Convención Nacional que o PP celebrou onte no hotel monumento San Francisco da capital galega, no inicio dun conclave itinerante que rematará esta fin de semana en Valencia, e no que participaron o presidente popular nacional, Pablo Casado, o expresidente Mariano Rajoy, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente da Comisión Europea e comisario Margaritis Shinas.

A competitividade empresarial, o emprego, a solidariedade e sustentablidade foron os temas abordados en varias mesas redondas por exministros populares, presidentes de fundacións e representantes de entidades económicas e sindicais, no primeiro dos cinco encontros programados para esta semana, hoxe en Valladolid e posteriormente en Madrid, Sevilla e Cartaxena e que, baixo o lema “Creemos”, constitúen o prólogo da Convención Nacional que os populares celebrarán esta fin de semana en Valencia.

Relacionadas

A Deputación dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada por Inés...

0
Inés Rodríguez agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas, poñendo...

A Deputación colaborará coa AEPA para facer de Ourense a primeira provincia nacional de...

0
Así o acordaron Luis Menor e David Martínez, presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autonómos de Ourense (AEPA), nunha reunión de traballo no...

Óscar López e Asociación Cultural Auriense obteñen os primeiros premios do concurso dos maios...

0
Os galardóns ás mellores coplas foron para Auriense (persoas adultas) e a AFA do CEIP Saco e Arte (infantil), e o do maio infantil...

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos...

Publicacións Relacionadas