Home Deputacións Deputación Pontevedra O Museo acolle unha mostra para reivindicar a gaiteiros e gaiteiras como...

O Museo acolle unha mostra para reivindicar a gaiteiros e gaiteiras como exemplo do patrimonio do país

- Anuncio -

A exposición, aberta dende este xoves ata o 28 de novembro no Edificio Sarmiento, inclúe 35 debuxos feitos por César Lombera

O Museo de Pontevedra acollerá dende este xoves e ata o 28 de novembro a exposición ‘Gaiteiraos’, unha mostra que pretende reivindicar grandes figuras da gaita como exemplo do patrimonio inmaterial do país.

En total no claustro do Edificio Sarmiento recolleranse 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia a través da historia, realizadas polo autor César Lombera: Avelino Cachafeiro, Ricardo Portela, Susana Seivane, Carlos Núñez, Cristina Pato, Os Trinta de Trives, o gaiteiro de Guillarei e os de Soutelo, son algunhas das persoas representadas nos gravados reunidos nesta mostra, que abrirá ao público tralo acto de inauguración que terá lugar este xoves, día 30 de setembro, ás 20:00 horas.

O capitel de Melide, unha peza do século XIV pertencente á colección deste museo, complementa esta proposta expositiva dado que representa nunha das súas faces representa unha escena musical que inclúe un laúde e unha gaita.

Na mostra, ademais, poden coñecerse explicacións sobre a orixe da gaita e a súa área de expansión, xeograficamente moi ampla, que subliñan que as investigacións sobre o tema coinciden en ¬fixar os inicios nas primitivas frautas, ás que se lles engadía un odre ou fol para aliviar o esforzo pulmonar das e dos intérpretes e conseguir a continuidade do son. Coa chegada da polifonía adaptáronse ao fol uns roncos que producían notas pedais, chegando así o instrumento á actualidade.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas