Home Pontevedra Baixo Miño Este xoves haberá unha actividade de contacontos para bebés na Biblioteca Municipal

Este xoves haberá unha actividade de contacontos para bebés na Biblioteca Municipal

- Anuncio -

Será o espectáculo “Levántate Xan” con Caxoto ás 18.00 h

A Biblioteca Pública Municipal de Tui avanza na súa programación de actividades cunha sesión de contos para os usuarios máis cativos deste centro bibliotecario. Así este xoves, 30 de setembro, ás 18,00 horas chega ao centro bibliotecario o espectáculo “Levántate Xan, contos para bebés” de Caxoto. Trátase dunha sesión multidisciplinar na que, a través da palabra, da música en directo, do xogo e da complicidade das familias, lévase ás crianzas a unha aprendizaxe do mundo animal, da lingua e dos sons.

O espectáculo estará a cargo de Felipe Díaz, “Caxoto”, contacontos galego cunha ampla traxectoria na animación á lectura en Galicia e noutras partes de España, participando en numerosos festivais de narración oral.

Unha viaxe chea de contos, cantigas e xogos na que os bebés se deixarán levar polo ritmo das palabras e o sabor da música en directo. Un espectáculo para bebés de 8 meses en diante e ata os 3 anos de idade, acompañadas/os dunha persoa adulta.

Cómpre inscrición previa ben directamente na propia Biblioteca ou a través do correo electrónico biblioteca@tui.gal

É hora de deitarse na granxa. Xan revisa que todas as tarefas estean feitas: fixo os deberes, limpou os dentes, fixo pis, puxo o pixama… e marchou para a cama. Pero esqueceu algo moi importante: DARLLES A CEA AOS ANIMAIS!!!

Ao día seguinte, o galo érguese cedo como cada día para espertar o sol, pero ten tanta fame que non pode cantar! E todo o mundo sabe que se o galo non canta, o sol non se levanta, e se o sol non se levanta, Xan nunca espertará e non lles dará de almorzar. Que desastre!

Historias, xogos e cantigas en que os animais da granxa son os verdadeiros protagonistas.
Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, con esta nova proposta de animación á lectura a Biblioteca Municipal tudense continua avanzando na súa programación arredor do “Mes do libro” cun abano amplo de propostas para todas as idades que contribúan a facilitar un achegamento ao mundo do libro e a lectura dun xeito divertido e que busca a consolidación dos hábitos lectores entre a poboación tudense.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas