Home Pontevedra A Lama Unha decena de persoas participa na Lama no obradoiro para iniciarse no...

Unha decena de persoas participa na Lama no obradoiro para iniciarse no manexo de ordenador e internet

- Anuncio -

Os asistentes aprenderán a crear un correo electrónico, sacar unha vida laboral, solicitar permisos de queima, pedir os recibos do ORAL, cita no médico, selar o paro, presentar de forma electrónica documentación diante de calquera organismo, etc.

O Concello da Lama acaba de poñer en marcha un obradoiro de iniciación ao manexo de ordenador e internet no que participan unha decena de persoas interesadas en recibir alfabetización informática e que, por distintas razóns, mantíñanse fóra do circuito das novas tecnoloxías.

Os asistentes a este obradoiro aprenderán a crear un correo electrónico, sacar unha vida laboral, solicitar permisos de queima, pedir os recibos do ORAL, cita no médico, selar o paro, presentar de forma electrónica documentación diante de calquera organismo público, etc.

O curso desenvólvese nos locais do antigo edificio do Obradoiro de Emprego para manter o distanciamento social e as medidas sanitarias de prevención do Covid-19, acuden en dúas quendas para maior comodidade de tal xeito que todos e cada un dos participantes teñen un ordenador á súa disposición.

O curso, que está subvencionado pola Deputación de Pontevedra e o Concello da Lama, está estruturado en 4 bloques nos que se abordará a introducción á informática Hardware e Software; sistema operativo Windows; ferramentas ofimáticas; e internet, e-mail, redes sociais, plataformas dixitais, etc.

O tenente de alcalde, David Carrera, realizou unha visita ao obradoiro e felicitou aos participantes nesta iniciativa formativa, sobre todo a aquelas persoas maiores que se esforzaban por coñecer e aprender a utiliza-las ferramentas que pon á disposición da cidadanía a informática e sobre todo internet. Manifestoulles que a intención do Concello é seguir pondo a disposición dos veciños e veciñas todos aqueles elementos que contribúan a súa formación e a mellora-la súa calidade de vida e evitar calquera fenda tecnolóxica da que poidan ser vítimas tendo en conta que o futuro e o camiño vai da man dos ordenadores, os teléfonos intelixentes, as tablets e toda unha serie de dispositivos móbiles.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas