Home A Coruña Valentín González Formoso define á Costa da Morte como "un emblema do...

Valentín González Formoso define á Costa da Morte como “un emblema do socialismo” e aposta por “trasladar o modelo a Galicia”

- Anuncio -

· Afirma en Vimianzo e Camariñas que “o traballo da militancia fixo que obtivésemos uns resultados excelentes nas eleccións municipais, con proxectos de futuro, que apostan pola protección social das persoas, polos sectores produtivos…”.

· O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE lembra que “somos un partido que conta cun sistema interno plenamente democrático no que todos os votos contan o mesmo e onde a militancia ten voz para decidir o futuro”.

O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, desprazouse hoxe ata a comarca da Costa da Morte. En Vimianzo e Camariñas destacou que a Costa da Morte é “un emblema para o socialismo” e eloxiou o “traballo da militancia que fixo que obtivésemos uns resultados excelentes nas eleccións municipais para gobernar nunha ampla maioría dos concellos que a forman con proxectos de futuro, que apostan pola protección social das persoas, polos sectores produtivos…”.

Para Formoso o PSdeG-PSOE está “realmente forte” na Costa da Morte “na política máis complicada, que é a que está máis pegada a cidadanía, á que a xente lle pon cara” e isto “é grazas á implicación da militancia, a que está nos gobernos e tamén a que está na oposición, que sabe aportar, sumar, unir, dar ideas, que se mobiliza cada vez que hai un proceso electoral”. “Esa unión, ese compañeirismo que hai dentro das agrupacións da Costa da Morte é o que o noso proxecto quere exportar para Galicia”, afirmou.

Por outra banda, dirixiuse á militancia para subliñar que “non hai que terlle medo” ao sistema de Primarias porque “é bo e enriquecedor para a saúde democrática do Partido Socialista, sempre e cando este proceso sirva para aportar ideas e confrontar proxectos, nunca para confrontar persoas”.

González Formoso lembrou que “somos un partido que conta cun sistema interno plenamente democrático no que todos os votos contan o mesmo e onde a militancia ten voz para decidir o futuro libremente”. “O 30 de outubro xogámonos moito, xogámonos contar cun proxecto forte e unido para Galicia”, incidiu.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas