Home Pontevedra Deza Taboada confirma que Cruces dispoñerá novamente de pediatra a partir do 15...

Taboada confirma que Cruces dispoñerá novamente de pediatra a partir do 15 de novembro

- Anuncio -

• O tenente de alcalde Julio López, foi o encargado de negociar coa responsable do SERGAS, para non perder a pediatra como estaba anunciado.

O grupo de goberno de Cruces co seu alcalde á cabeza, xa tiñan preparada unha manifestación que se celebraría o vindeiro domingo dia 10 ao coñecer que a Xunta ía deixar de prestar o servizo de pediatría en Vila de Cruces, e iso era inadmisible. O mais irónico desta situación atopámolo que mentres o grupo de goberno solicitaba á subdelegación do goberno os permisos para realizar a manifestación, o señor Otero do PP negociaba ás costas do goberno coa Xunta de Galicia e cansouse de poñerse medallas por conseguir que unha pediatra atendese o servizo 1 hora ao dia.

Algo que ao goberno de Xuntos lle parecía vergoñoso, que un ex-alcalde e militante do PP se conforme cunhas migallas, todo isto por non levar a contraria ao seu partido segundo relata Luís Taboada. Non contentos con esta situación puxéronse en contacto coa responsable sanitaria da zona, para pedirlle explicacións e solicitarlle que se tiña que restaurar o servizo integramente, senón farían a manifestación que estaba prevista como primeiro acto de repulsa e seguirían coas súas protestas aínda que tivesen que facelas diante do propio SERGAS.

A conversación transcorreu de forma cordial e fóronse achegando posicións, ata o punto en que se lle confirmou verbalmente ao tenente de alcalde Julio López de que de momento se dispoñería de pediatra compartido con Silleda que estaría 2 hora en Cruces, en vez de unha hora que o señor Otero negociou e vendeu coma un éxito rotundo, pero ademais que a partir do 15 de novembro se recobraría o servizo como estaba. Ante este comunicado, o grupo de goberno, decidiu aparcar de momento a manifestación, confiando no comunicado verbal recibido e agradecendo á responsable sanitaria a súa atención e comprensión nesta situación.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas