Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Finaliza a intervención de limpeza e conservación de petróglifos en Fentáns, San...

Finaliza a intervención de limpeza e conservación de petróglifos en Fentáns, San Xurxo e Santa María de Sacos cun investimento de 24.285,18 euros

- Anuncio -

• Segundo o alcalde, Jorge Cubela, “os traballos leváronse a cabo por persoal especializado para garantir a idoneidade da actuación para conservar o patrimonio rupestre no municipio”

A empresa adxudicataria dos traballos de limpeza e acondicionamento do entorno dos petróglifos de Fentáns, San Xurxo e Santa María de Sacos finalizou xa a realizar os seus traballos de conservación das estacións arqueolóxicas da Laxe dos Cedros, Pedra das Ferraduras, Laxe das Rodas e Cernadelo.

Os traballos, que estiveron supervisados por arqueólogos especializados en arte rupestre, contaron cun orzamento total de 24.285,18 euros e permitiron actuar na conservación destes elementos fundamentais do patrimonio histórico de Cerdedo-Cotobade.

As actuacións comezaron a realizarse no entorno dos petróglifos da Laxe dos Cebros e Pedras das Ferraduras, en Fentáns, e fóronse ampliando ao resto de estacións de arte rupetre de San Xurxo e Santa María de Sacos despois de que o alcalde, Jorge Cubela, lograra unha cesión das comunidades de montes respectivas por espazo de 50 anos o que posibilita que se poida levar a cabo esta intervención de conservación e acondicionamento.

O alcalde, Jorge Cubela, Jorge Cubela salientou a importancia de que estes traballos se leven a cabo por persoal especializado para garantir a idoneidade e o coidado á hora de poñer en valor a arte rupestre no municipio co “obxectivo de limpar, acondicionar e mellorar o acceso do público aos petróglifos coa intención de facilitar as condicións de visita e posta en valor, así como previr, coa retirada da biomasa que os rodea, os efectos perxudiciais que os incendios forestais e outras agresións e actuacións incontroladas poidan ter sobre motivos e soportes”.

DOUS ARQUEÓLOGOS E TRES AUXILIARES DE ARQUEOLOXÍA
Para efectuar estes traballos os técnicos recomendaron a contratación dunha empresa especialista en arqueoloxía e un total de cinco sociedades participaron no proceso de selección que foi gañado por Emdesfor 2002 que depositou unha fianza de 1.003,52 euros e contratou a dous arqueólogos durante 15 días e a tres auxiliares de arqueoloxía durante un periodo similar para poder executar e supervisar estes traballos de conservación.

O entorno inmediato dos gravados rupestres seleccionados para esta intervención atopábase cuberto dunha mesta capa vexetal de monte baixo que deterioraban os petroglifos de aí que se decidira por parte do Concello de Cerdedo-Cotobade a iniciar esta actuación para a protección do patrimonio cultural e histórico poñendo o mesmo en valor e protexéndoo.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas