Home Pontevedra Caldas O PP de Cuntis esixe ao Goberno local a renovación do saneamento...

O PP de Cuntis esixe ao Goberno local a renovación do saneamento e demais servizos da rúa do Convento

- Anuncio -

• Sería unha aberración e falta de responsabilidade mello-rar a rúa na superficie sen solucionar os graves proble-mas que presentan certos servizos como o saneamento, de competencia municipal”, sinala Isabel Couselo.

• Acusan ao alcalde de intentar enganar aos veciños cul-pando ao Goberno galego das responsabilidades e com-petencias do Goberno local.

• Propoñen que reclamen axuda á Deputación, que ten en-tre as súas competencias a coordinación da prestación de servizos de abastecemento de auga potable a domicilio e evacuación e tratamento de augas residuais en munici-pios con poboación inferior a 20 mil habitantes.

O Partido Popular de Cuntis esixe ao Goberno local que se poña a traballar “xa” para xestionar e dar pasos cara adiante na mellora dos servizos da rúa do Convento. Para a voceira popular, Isabel Couselo, “sería unha aberración e unha falta de responsabilidade mellorar a rúa en superficie sen solucionar as graves deficiencias que presentan certos servizos como o saneamento, de competencia municipal. Sería poñer un parche superficial sen tratar o problema de raíz”.
Por este motivo, os populares xa expuxeron no último pleno municipal a precariedade que presentan as canalizacións e instaron ao grupo socialista a poñerse as pilas e traballar xa. “O primeiro é mellorar o saneamento e demais servizos, e logo tocará a humanización da rúa”, reclaman.
Ademais lamentan as declaracións publicadas nos medios de comunicación por parte do alcalde, nas que manifesta textualmente que “no caso de que non haxa resposta a finais de ano por parte da administración autonómica, o Concello de Cuntis redactará o proxecto de mellora da rúa”. Couselo critica que se intente culpar ao Goberno galego das responsabilidades e competencias do Goberno local, intentando enganar aos veciños e desviando o foco de quen ten competencias reais sobre esta situación. “Tampouco o Concello pode facer obras na casa do veciño, ou redactar proxectos e facer obras en estradas provinciais, autonómicas ou estatais”, explica.
Ademais, propón que si o Concello de Cuntis non ten cartos, dada a situación económica municipal e os centos de facturas de empresas e autónomos que ten sen pagar –moitas delas desde hai anos e que suman 800.000 euros- “ben pode pedir axuda á Deputación de Pontevedra, que é a administración local que debe apoiar aos pequenos e medianos concellos da provincia alí onde eles non chegan”. Neste senso, recorda que as deputacións provinciais teñen entre as súas competencias a coordinación, entre outros, da prestación de servizos de abastecemento de auga potable a domicilio e evacuación e tratamento de augas residuais en municipios con poboación inferior a 20 mil habitantes.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas