Home A Coruña A Xunta promove o coñecemento da figura de Valle-Inclán co espectáculo de...

A Xunta promove o coñecemento da figura de Valle-Inclán co espectáculo de Teo Cardalda “Claves Líricas”

- Anuncio -

— Gondomar, Culleredo, Vilanova de Arousa e a Cidade da Cultura de Galicia acollerán catro representacións deste espectáculo, ao abeiro do Xacobeo 21-22

— O secretario xeral de Cultura e o músico vigués Teo Cardalda presentaron hoxe este ciclo que se achega ao creador do esperpento a través do teatro e a música

— Anxo M. Lorenzo salientou a “posta en valor, desde o punto de vista da creación contemporánea, do dramaturgo, novelista, poeta, contista, ensaísta, periodista, Ramón María del Valle-Inclán, un dos autores máis importantes do século XX”

A Xunta de Galicia promove o coñecemento da figura de Valle-Inclán a través do espectáculo Claves líricas, un proxecto do músico vigués Teo Cardalda que mestura teatro e música, nunha sorte de sorprendente ópera-pop arredor da obra poética do creador do esperpento. Trátase dunha das actividades realizadas ao abeiro do Xacobeo 21-22 e poderá verse ao longo do mes de outubro –con entrada de balde– en catro localidades galegas: Gondomar, Culleredo, Vilanova de Arousa e Santiago de Compostela.

O ciclo Claves Líricas foi presentado hoxe polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e polo autor do espectáculo, Teo Cardalda, na Cidade da Cultura, onde precisamente terá lugar a última das representacións, o domingo 31 de outubro.

Esta exclusiva iniciativa e interpretación artística do recoñecido músico vigués permite dispor, segundo salientou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ”dun elemento excepcional para a posta en valor, dende o punto de vista da creación contemporánea, do dramaturgo, novelista, poeta, contista, ensaísta, periodista, Ramón María del Valle-Inclán, un dos autores máis importantes do século XX en España, e cuxa figura serviu de exemplo e inspiración para moitos escritores e artistas”.

Así, Claves Líricas tece un espectáculo sorprendente que, a través da mestura de teatro e música, mergúllase no universo creativo do creador do esperpento, conferíndolle dimensión sonora á súa obra poética e revisitando diversos poemas do autor. O particular uso da linguaxe de Valle-Inclán e as súas chaves humorísticas toman forma musical nesta peza que leva ás táboas escénicas o intenso traballo de documentación que Cardalda vén desenvolvendo desde hai unha década arredor da obra poética do autor de Vilanova de Arousa, que tamén tomou forma impresa nun disco-libro homónimo editado por Altafonte.

Tanto este volume como o espectáculo herdan o nome da compilación de poemas que Valle-Inclán realizou en 1930 e sobre a que María Monsonís –compañeira de Cardalda no grupo Cómplices– realizou unha selección de pezas que chega agora aos teatros envolta en música, coreografías e proxeccións. Os versos de Valle-Inclán viaxan polo rock, o rap, a balada, a ópera pop ou o tecno punk nunha mestura tan arriscada e fantástica como o seu autor.

No tecido duns poemas cos outros, Cardalda compón novos textos que nos convidan a imaxinar que acontecería se o dramaturgo volvese á terra e expresase a súa visión sobre o que ve, sobre a súa relación con Josefina Blanco, sobre a súa vida e sobre a morte. Con Teo Cardalda na pel de Valle-Inclán e María Monsonís na de Josefina Blanco, o espectáculo ofrécenos unha radiografía artística do escritor e trasládanos a súa imaxe do mundo como esperpéntico sainete.

Entrada de balde
O ciclo de espectáculos arrincará o venres 22 de outubro no Auditorio de Gondomar e continuará ao día seguinte, sábado 23, no Auditorio Municipal de Culleredo. Na seguinte fin de semana, Claves Líricas chegará ao Auditorio Municipal de Vilanova de Arousa o sábado 30 de outubro, mentres que o domingo 31 de outubro será a última oportunidade para asistir ao mesmo nunha representación no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.

Trátase dunha das actividades realizadas ao abeiro do Xacobeo 21-22 e a entrada é de balde. Neste momento xa se poden retirar os convites para asistir á última das funcións –a da Cidade da Cultura– a través de Ataquilla.com, mentres que as condicións de asistencia aos demais espectáculos poden consultarse contactando cos tres recintos anfitrións: o Concello de Gondomar e os auditorios municipais de Culleredo e Vilanova de Arousa.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A choiva dá unha tregua a veciánza de Lantaño para que poida saír en...

0
O alcalde, Ricardo Martínez, encabezou a comitiva que tras saír da capela foi do Cruceiro do Culebrón ao de Paredes e regreso acompañada do...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

Publicacións Relacionadas