Home A Coruña O Concello recupera o seu concurso de tapas “Carral, con moito gusto”...

O Concello recupera o seu concurso de tapas “Carral, con moito gusto” para promover o consumo no tecido hostaleiro

- Anuncio -

• O certame estará aberto á participación de bares, mesóns, restaurantes e cafeterías, sempre e cando prime o emprego de produtos locais e de tempada na elaboración das receitas.

Tras un ano de parón por mor da covid-19, o Concello retomará, este outono, o seu concurso de tapas “Carral, con moito gusto”. Trátase da segunda edición desta iniciativa, que naceu en 2019 e acadou uns excelentes resultados entre os locais de hostalaría do municipio. Agora, o goberno local recupera a proposta, coa que se busca “promover o consumo nos bares, restaurantes e todo tipo de locais de hostalaría, que viviron un ano e medio especialmente difícil pola emerxencia sanitaria, sufrindo varios peches e paróns na súa actividade”.

O certame estará aberto á participación de bares, mesóns, restaurantes e cafeterías, sempre e cando prime o emprego de produtos locais e de tempada na elaboración das receitas. Os locais interesados poderán tramitar a súa inscrición entre o 2 e o 5 de novembro (ambos os dous incluídos). A folla de inscrición debidamente cuberta deberá presentarse no rexistro do Concello antes das 14.00 horas do 5 de novembro. Terá que incluír o selo do establecemento, ou o CIF e sinatura no caso de non ter selo. O propio concurso levarase a cabo entre o 3 e o 6 de decembro como preámbulo das festas de Nadal.

Premios aos hostaleiros
Todas as tapas poderán optar aos seguintes recoñecementos: Premio do xurado popular, Premio Mellor Tapa 2021 e primeiro e segundo premio do xurado profesional.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas