Home Deputacións Deputación Pontevedra Arranca con 150 asistentes o curso on line sobre "Debates Teóricos e...

Arranca con 150 asistentes o curso on line sobre “Debates Teóricos e Axenda Política Feminista” da Escola de Igualdade María Vinyals

- Anuncio -

A convocatoria tivo unha excepcional acollida e hai máis de cen persoas en lista de agarda para participar no curso, que se prolongará ata o 9 de decembro

A profesora e referente feminista Rosa Cobo, que dirixe o seminario, impartirá mañá xoves ás 18.30 horas a primeira sesión, que abordará as orixes do feminismo e a cuarta onda feminista

O curso on line sobre “Debates Teóricos e Axenda Política Feminista” organizado pola Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra arranca mañá xoves logo de ter unha excepcional acollida. Deste xeito, son 150 as persoas que iniciarán este seminario, que dirixe a escritora e profesora da Universidade de A Coruña Rosa Cobo, e a lista de agarda para participar supera tamén as cen persoas. A actividade desenvolverase ata o 9 de decembro en sesións telemáticas que impartirán mulleres referentes a nivel nacional e internacional, a maioría delas docentes universitarias.

Serán un total de 8 sesións a través da plataforma Zoom nas tardes dos xoves, de 18.30 a 20.30 horas (excepto o xoves 25 de novembro, que pasará a celebrarse o venres 26), e a institución provincial emitirá diploma acreditativo ás persoas que realicen as 16 horas. Rosa Cobo, a directora do curso, será a encargada de impartir mañá a súa primeira sesión, baixo o título “Feminismo: tradición intelectual e movemento social. Orixes do feminismo e desenvolvemento histórico. A cuarta onda feminista e o seu corpo vindicativo”, mentres que o día 28 deste mes de outubro será Carmen Ruíz Repullo, da Universidade Pablo Olavide Sevilla, quen falará de “Debates feministas en torno á violencia sexual”.

En novembro, o día 4 as profesoras Beatriz Ranea, da Universidade Complutense de Madrid, e Lydia Delicado, da Universidade de Alicante, falarán sobre “O imaxinario pornográfico e o dominio masculino” e o día 11 o seminario continuará coa charla “A prostitución na intersección de tres sistemas de poder: patriarcado, raza e clase. Debates abolicionistas”, a cargo de Rosa Cobo. Amais, o 18 novembro será a quenda de Laura Nuño, da Universidade Rey Juan Carlos e de María Luisa Balaguer, da Universidade de Málaga e maxistrada Tribunal Constitucional, que abordarán os “Ventres de aluguer: explotación reprodutiva e feminización da pobreza”. E o 26 novembro terá lugar a sesión “Críticas feministas á democracia. Mulleres e poder político. Democracia paritaria”, a cargo de Mar Esquembre, da Universidade de Alacante.

Xa en decembro, o día 2 Carmen Castro, economista feminista e asesora en Políticas de Igualdade falará sobre “A crítica feminista ao capitalismo neoliberal. A política sexual do novo capitalismo. O curso rematará o 9 decembro coa charla “Orixes e supostos do pensamento queer: o debate sobre o suxeito político do feminismo” que ofrecerá Luisa Posada Kubissa, da Universidade Complutense de Madrid.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas