Home A Coruña O centro de saúde de Boqueixón vacinará da gripe e da terceira...

O centro de saúde de Boqueixón vacinará da gripe e da terceira dose do coronavirus a 805 veciños e veciñas maiores de 80 anos de Boqueixón e Vedra

- Anuncio -

A vacinación comezará o luns 25 de outubro e estará aberta por dúas semanas

O centro de saúde de Boqueixón vacinará da terceira dose do coronavirus e da gripe a 805 veciños e veciñas maiores de 80 anos dos municipios de Boqueixón e Vedra. O proceso de vacinación dará comezo o luns 25 de outubro e estará aberto durante dúas semanas.

O horario de vacinación será de 15:30 a 20:30 horas e serán citados uns 120 pacientes cada día. Os maiores recibirán a súa cita por SMS nos próximos días, onde se lles indicará a data e a hora. Dende o Concello de Boqueixón piden á veciñanza que respecte o horario marcado, para evitar aglomeracións innecesarias, e lembra tamén que non se vacinará a ninguén que non fose citado.

En principio, as vacinas poranse no interior do centro de saúde de Boqueixón, se ben está contemplada a posibilidade de vacinar nos propios vehículos a aquelas persoas maiores que teñan algún tipo de redución de mobilidade.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas