Home Xunta de Galicia A Xunta mantén o diálogo coa hostalería e o ocio nocturno para...

A Xunta mantén o diálogo coa hostalería e o ocio nocturno para avanzar na mellora das medidas antes a covid

- Anuncio -

― O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníronse esta tarde con representantes destes sectores para escoitar as súas demandas sobre melloras nos aforos e horarios e trasladalas á reunión do comité clínico que tamén se celebra hoxe

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron hoxe reunións cos representantes da hostalería e do ocio nocturno, no marco co diálogo e fluído entre a Xunta con estes sectores desde o inicio da pandemia. Así, escoitaron as súas demandas en canto á capacidade máxima e horarios dos seus establecementos para trasladalas ao comité clínico que tamén se reúne hoxe para avaliar as medidas sanitarias en función da evolución epidemiolóxica do coronavirus antes de tomar a decisión final.

Co obxectivo de dar estabilidade ao sector, a Xunta activou tanto para a hostalería como para o ocio nocturno plans nos que se recollen distintos niveis de ocupación tendo en conta o nivel de compromiso no cumprimento das medidas anticovid e con independencia da incidencia do coronavirus no lugar no que opere o establecemento. Ambos plans foron aprobados en consenso co sector.

O Goberno galego busca agora dar un paso máis mantendo o compromiso de flexibilizar as restricións sanitarias segundo mellora a incidencia, do mesmo xeito que cando a situación era máis desfavorable se tomaron as medidas necesarias para frear o virus, o que permitiu que Galicia se consolidase como un destino seguro.

A Xunta mantívose ao lado dos hostaleiros e do ocio nocturno nos meses máis difíciles da pandemia nos que tiveron que ter os seus locais pechados. No caso do ocio nocturno, en 2020 estes establecementos -discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festa, salas de concerto e outros asimilables- recibiron 4,8 millóns de euros aos que se suman outros 4 millóns este ano para a súa reactivación, o que supón un investimento total de 8,8 millóns de euros.

Ademais, dos 2 Plans de Rescate da Xunta que mobilizaron máis de 180 millóns de euros, máis de 90 millóns destináronse á hostalería.

Tanto os locais de hostalería como os do ocio nocturno poden optar tamén ás liñas de axudas postas en marcha pola Xunta para adaptarse ao novo escenario. En concreto, á orde de 6 millóns de euros para adquirir equipamentos poscovid e a de outros 6 millóns para dotarse de recursos tecnolóxicos e mellorar a súa dixitalización. Estas dúas convocatorias forman parte dun paquete de medidas de case 16 millóns para reactivar o sector turístico, ao que a Xunta leva inxectado este ano uns 120 millóns de euros.

Relacionadas

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Diego Calvo asistiu esta mañá ao encontro entre o Intasa San Sadurniño e o...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá ao encontro...

Publicacións Relacionadas