Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación de Pontevedra forma en igualdade á mocidade da provincia cun...

A Deputación de Pontevedra forma en igualdade á mocidade da provincia cun novo proxecto enmarcado na Escola María Vinyals

- Anuncio -

A institución organiza dez obradoiros en varios institutos da provincia e fomenta unha “Canteira de Igualdade” cun curso que se impartirá na sede de Vigo

A finalidade deste proxecto é ofrecer á mocidade ferramentas de análise e referentes que dan conta de realidades máis plurais, diversas e igualitarias

A Escola María Vinyals da Deputación de Pontevedra chegará ás persoas máis novas da provincia para aproveitar o seu potencial transformador a prol da igualdade. Farao a través dun proxecto de formación que se desenvolverá nos vindeiros meses e que inclúe obradoiros en institutos que derivarán nun curso dirixido a construír axentes de cambio feministas. O proxecto naceu da man de Amada Traba, Luisa Abad, Priscila Retamozo e Mercedes Oliveira e apóiase na experiencia do Comando Igualdade, un espazo de aprendizaxe colectiva que ten a súa orixe no traballo desenvolvido pola propia Oliveira.

De outubro a decembro levaranse a cabo dez obradoiros en diferentes institutos da provincia que terán unha duración de catro horas e realizaranse en grupos de máximo 100 persoas. Os talleres versarán sobre temas como a igualdade de xénero, a construción dual do xénero con “mulleres influencers, homes gamers”, os coidados, a sexualidade, o amor na era dixital ou diferentes movementos como o sufraxista ou o #MeToo.

Estes obradoiros servirán para incentivar a participación da mocidade nun curso de formación titulado “Canteira de Igualdade”, que terá lugar entre febreiro e abril do 2022 na sede de Vigo da Deputación. En total serán 45 horas de formación nas que, partindo da experiencia vivida, un grupo de entre 15 e 20 persoas tratará temas como a división sexual do traballo e do amor, as redes sociais, a historia do feminismo ou a cultura da violación, pornografía e prostitución.

Con este proxecto a institución provincial facilita o encontro, debate e reflexión do coñecemento da realidade como elemento transformador, capacita ás mozas e mozos para o seu desenvolvemento persoal, autoestima e coñecemento e proporciónalles ferramentas para combater a violencia contra as mulleres.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas