Home Baixo Miño A Guarda Contacontos, flashmob e batucada serán os ingredientes do Samaín 2021 na Guarda

Contacontos, flashmob e batucada serán os ingredientes do Samaín 2021 na Guarda

- Anuncio -

• A programación, pensada para os mais pequenos precisará de inscrición previa no mail centrocultural@aguarda.es

O Concello da Guarda deseñou unha programación que encherá mañá e tarde do sábado 30 de outubro e que foi pensada para divertir aos mais pequenos da casa que son os que cada ano con mais ansia esperan esta data e tamén para animar as rúas da vila na tardiña da man dun flashmob (baile conxunto na Praza do Reló) e unha batucada que percorrerá as rúas da vila como broche final.

ACTIVIDADES BIBLIOTECA MUNICIPAL

As propostas relacionadas co Samaín comezarán dende o venres 29 na Biblioteca Municipal que se suma á celebración do Samaín a través de dúas iniciativas.

  • A proposta “Facemos un trato?”, que obsequiará cun pequeno detalle a tódolos nenos que se acheguen durante o venres 29 e sábado 30 ata a Biblioteca e leven un libro en préstamo, a cambio iso si, de deixar un pequeno mensaxe na decoración de Samaín que decorará o espazo durante estes días.
  • E na mañá do sábado 30 de outubro acollerá no Salón de Actos do Centro Cultural ás 12h. o Contacontos “Contos para pasalo de medo”, un espectáculo de Carmen Domech (Títeres Cachirulo) pensado para rapazas e rapaces de 4 a 11 anos. As prazas para este evento son limitadas polo que é preciso anotarse a través do mail centrocultural@aguarda.es

FLASHMOB E BATUCADA 30 DE OUTUBRO

A tarde do 30 de outubro seguirá a programación de Samaín pensada para encher as rúas de cor e música. Ás 18:00 h. terá lugar na Praza do Reló un flashmob, aberto a todo aquel que se queira animar (previa inscrición) a facer una coreografía conxunta ambientada na temática terrorífica propia destes días. Esta actividade consistirá en practicar conxuntamente unha coreografía da man dunhas monitoras e tras un período de ensaio, facer entre todos os alí presentes un baile final. É preciso anotarse a través do enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es, asinar autorización no caso de menores e por suposto acudir disfrazado para a ocasión. Ao remate desta actuación, dará comezo unha batucada que percorrerá as rúas do centro da vila para ir entrando en ambiente do Samaín.
O Flashmob será retransmitido en directo a través da canle de Youtube municipal: https://youtu.be/j6U7_IAbA8Q

Relacionadas

A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía local de...

0
Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os...

Juan Carlos González desvela os segredos da sociedade rural en ‘Galicia para debutantes’

0
O autor presentará o libro este venres 10 de maio ás 20.00 horas na Biblioteca municipal do Rosal. Entrada de balde Tres novelas nunha para...

Luis López sinala o primeiro patrocinio da historia da Deputación a Navalia como un...

0
A alianza entre a Deputación e Navalia tradúcese na organización dunha aula de formación na que haberá conferencias e exposicións relacionadas co futuro do...

Tomiño celebra o Día do Orgullo cun xogo de escapismo ao aire libre

0
A OMIX organizará esta actividade o venres 28 de xuño de 20 a 22 h. Inscricións abertas na web municipal A OMIX de Tomiño conmemora...

Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará Tomiño o vindeiro 14 de maio

0
Estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro de 16.00 a 21.00 horas Tomiño acolle o vindeiro martes 14 de maio unha nova visita dunha unidade...

Redondela incorpora 15 traballadores para os servizos municipais

0
O Concello de Redondela  incorporou 15 novos traballadores. Trátase de dous 2 axudantes para o departamento de electricidade e 10 peóns de obras e...

Publicacións Relacionadas