Home Pontevedra Barro O PP respalda aos veciños de Barro que reclaman solucións ante os...

O PP respalda aos veciños de Barro que reclaman solucións ante os perxuizos ocasionados polas obras da praza de San Amaro

- Anuncio -

• A presidenta da Deputación, asegura que as obras están “niqueladas” mentres os veciños non poden nin acceder ás súas vivendas e os escolares teñen que camiñar un quiló-metro por unha estrada sen iluminación nin beiravías para poder coller o autobús

Os deputados provinciais do Partido Popular, Javier Tourís, Paz Lago, Alejandro Lorenzo e Elena Estévez, respaldaron a protesta dos veci-ños de Barro afectados polas obras da Praza de San Amaro. A veciñanza esixe unha reacción inmediata da Deputación de Pontevedra, responsable das obras, ante os importantes perxuízos que están provocando.

“Para Carmela Silva estas obras están `niqueladas´, así o afirmou no pleno can-do lle preguntaron por que non atendía as reclamacións dos veciños, pero a realidade é que o único que ten niquelado é Vigo”, denuncia o deputado Javier Tourís, “A presidenta debería dignarse a cruzar Rande nalgún momento e preo-cuparse por como están as cousas nos concellos pequenos da provincia, esa é a súa función, atender e apoiar aos concellos pequenos e medianos”.

Neste sentido Tourís salientou o abandono da Deputación ao rural da provincia. “Parece que só existen Vigo e Pontevedra, con máis de 50 M de euros en con-venios, mentres ao resto chegan as migallas e o abandono”, lamentou, “Estes veciños non poden nin acceder ás súas casas, hai terra acumulada, as obras non están sinalizadas, hai restriccións de tráfico e un grave risco para os escola-res que teñen que coller o autobús a un quilómetro da parada, con escasa ilumi-nación e por unha estrada na que non hai beiravías. O mínimo que pode facer Carmela Silva é dar a cara e escoitar as súas queixas, non mofarse delas no pleno”.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas