Home A Coruña A A.X. Xiradela festexa o seu fin de curso cunha actuación conxunta...

A A.X. Xiradela festexa o seu fin de curso cunha actuación conxunta de toda a escola

- Anuncio -

· O Anfiteatro do Paseo Fluvial de Arteixo acolle mañá sábado 15 de xuño a partir das 18:30 horas, esta proposta cultural aberta a todo o público

Chega xuño e con el a actuación de fin de curso que ano tras año organiza la A.X. Xiradela. Neste acto de clausura dáse conta de todo o aprendido ao longo do ano nas clases da Escola de Baile e Música Tradicional. A cita terá lugar mañá sábado 15 de xuño de 2024 a partir das 18:30 horas no Anfiteatro do Paseo Fluvial de Arteixo. O acto é aberto ao público polo que desde a asociación convídase á veciñanza a que acuda a gozar dunha tarde de festa.

Grupos de baile como Arroutada, Foliadeiras, Xiradeliños, Xiradeliñas ou Xestiñas, conxuntos de pandeireta como Algarada, Estalotes, Retelladas, A Pedreira, Chiculate, Troulada, Lume, Riscadeira, Arrieiras, Cinquilimpé ou A reghocheo, escola de gaitas e percusión interpretarán diferentes pezas como o Pasodobre dos Mariñás, o Maneo de Arteixo, a Muiñeira de Armentón, a Xota de Viladecruces, a Rumba do Pepe, a Carballesa do Incio, o Pasodobre dos Padernes, a Muiñeira do século XII ou a Trullada da Vendima.

En definitiva, soarán gaitas, pandeiretas, pandeiras, bombos, tambores e latas. Bailaranse xotas, muiñeiras, rumbas e pasodobles.

Máis dun cento de persoas compoñen a masa social da A.X. Xiradela onde se xuntan socios e socias cun ronsel de idades. A cativada confirma que hai canteira, e os grupos máis veteranos que a historia da A.X. Xiradela, con 42 anos de traxectoria, mantén viva a tradición e cultura galega ligada ao baile e a música.

Neste acto de clausura da Escola de Baile e Música Tradicional da A.X. Xiradela colaboran a Deputación da Coruña, o Concello de Arteixo, e Comercial Sánchez Vado.

QUEN SOMOS

A Asociación Xuvenil Xiradela, radicada no concello de Arteixo, nace no ano 1982 co obxectivo de recuperar o noso folclore e gozar do tempo de lecer, así como de colaborar con outras asociacións ou entidades que nos permiten, por un lado difundir o noso traballo, e por outro, axudan a promover a socialización dos rapaces con xente doutras asociacións.

Comezamos impartindo a actividade de baile tradicional, e despois ampliamos ás actividades de pandeireta e canto tradicional, gaita e percusión.

A partir do ano 1984 créase un grupo de investigación para a recollida de música, cantigas, literatura oral, costumes, bailes e traxes dos nosos devanceiros, a súa recuperación e divulgación, pretendendo ser o máis fieis posibles coa máis pura tradición galega.

Ademais do concurso de música, dende o ano 1987 e de xeito continuo vimos celebrando o Día da Muiñeira en Arteixo. Trátase dunha exhibición na rúa de bailadores e bailadoras da peza máis emblemática do noso folclore. No caso do Concurso de Música Tradicional é un acontecemento que nacía no ano 2000 coa intención de promover a participación das escolas de música tradicional para que a mocidade puidese ter máis actuacións e relacionarse entre si, facilitando de este xeito o coñecemento da nosa cultura.

Relacionadas

Accidente de tráfico de camión contra turismo no lugar das Cortes, no concello de...

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta tarde á DP-3301 no PK 1 no lugar de As Cortes, no Concello de Rianxo,...

Cultura presenta a II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira 2025

0
Hoxe tivo lugar esta presentación por parte da concelleira de Cultura, Antía Alberte que encara esta segunda edición da II Mostra de Mulleres Creadoras...

O Pleno de Ribeira demanda, por unanimidade, revitalizar o sector do mar

0
Onte día 27 de xaneiro tivo lugar o primeiro pleno ordinario do ano no que se aprobou por unanimidade, a modificación da ordenanza reguladora...

A corporación municipal deixou sobre a mesa a proposta de Costas do Estado para...

0
O PP votou en contra de solicitar á Consellería de Educación que asuma a xestión e o custo do Conservatorio Profesional de Música A corporación...

Ribeira se solidariza novamente co Club de Remo da Pobra Ribeira 28 de xaneiro

0
Aínda todos e todas temos na retina o fatídico incendio que asolagou ao Club de Remo da Pobra a comezos de xaneiro deste ano,...

Abano Producións ultima na Coruña co apoio da Xunta a longa de animación‘Decorado’co premiado Alberto...

0
— A película conta cunha subvención de 260.000 euros a través da convocatoria para a produción de proxectos audiovisuais galegos de 2023 da Consellería...

Publicacións Relacionadas