A mala previsión meteorolóxica para o 17 de maio, Día das Letras Galegas, obriga a cancela-la Feira do 17. Os postos de restauración, artesanía, a polbeira, os obradoiros infantís e xogos populares non se desenvolverán no Cantón da Leña, se ben está previsto que se manteña a animación de rúa a cargo de Tanto Nos Ten, das 13.30 horas en diante.
No que respecta ás actuacións de música e baile tradicional con Arrancadeira, Caramiñas, Eiradela, Trécola e Xiada, programadas a partir das 12.30 horas, seguirán adiante de ser favorable a evolución do tempo.
Esta é unha das actividades que conforman a axenda do Maio das Letras Galegas 2024 posta en marcha pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.