Home A Coruña A Concellería de Medio Ambiente anima á veciñanza a participar na XV...

A Concellería de Medio Ambiente anima á veciñanza a participar na XV Limpeza Simultánea de Ríos galegos

- Anuncio -

Sesenta e unha entidades e corenta e dous concellos galegos participan este domingo, 25 de setembro, na XV Limpeza Simultánea de Ríos galegos que promoven a organización ecoloxista ADEGA e Proxecto Ríos. O Concello de Fene participa un ano máis nesta iniciativa que implica a milleiros de voluntarios e voluntarias “que se mollan polos ríos galegos, para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social”. No Concello de Fene, a limpeza centrarase no Río de Ba, establecéndose como puntos de encontro para os voluntarios/as o Parque do Piñeiro (na Armada) e o local de Aetna (muíño) o domingo ás 10.30 horas. As persoas que desexen participar, únicamente deberán presentarse ese día en calquera dos dous puntos de encontro, provistas de roupa e calzado cómodos e lubas.

A XV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celébrase este ano en 42 concellos de toda Galiza, nos que participarán máis de 61 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino…), entre as que están novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta décimo quinta edición.

Entre outros obxectivos, a Limpeza simultánea de ríos de Proxecto Ríos pretende divulgar como realizar unha actuación ecolóxica nos ecosistemas fluviais polo que se repartirá un Protocolo de Limpeza de ríos. Os/as voluntarios/as que participen nesta XV cita cos ríos galegos serán agasallados cunhas camisolas co lema da limpeza.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas