Home Pontevedra Caldas Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu nacemento cun pregón a cargo do profesor José Manuel Fariña e unha ofrenda floral diante do seu monumento

- Anuncio -

O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado.

A Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán e o Concello de Portas homenaxearán este domingo 28 de abril, a partir das 12 do mediodía, á figura do matemático, cartógrafo e ilustrado nado hai 236 anos en Porta do Conde cunha serie de actos entre os que destacan un pregón a cargo de José Manuel Fariña, profesor de Historia da Arte na IES Aquis Celenis, e unha ofrenda floral diante do monumento do insigne ilustrado.

O evento dará comezo ás 12 do mediodía na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do xeógrafo, onde o profesor de Historia da Arte do IES Aquis Celenis, José Manuel Fariña, lerá o pregón que terá como fío central a vida e a obra do insigne matemático e ilustrado Domingo Fontán.

Unha vez rematada a intervención de José Manuel Fariña, representantes da Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán e o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, así como membros da Corporación Municipal, depositarán unha ofrenda floral diante do monumento ao insigne cartógrafo e xeógrafo por mor do 236 aniversario do seu nacemento.

Despois das intervencións protocolarias en lembranza do ilustrado galego, interpretarase o himno galego por parte do Grupo de Gaitas Domingo Fontán de Portas que dará por rematado o acto de homenaxe a este insigne fillo do concello de Portas.

Relacionadas

Redondela rende homenaxe a Pablo Couñago no 25º aniversario da conquista do Mundial de...

0
Este 2024 cúmprense 25 anos da primeira conquista mundial do fútbol español. Foi coa selección sub-20 dirixida por Iñaki Sáez, que logrou o título...

A Deputación levará este domingo a 170 persoas da provincia a desfrutar en Sanxenxo,...

0
Son veciños e veciñas de 30 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I e ao Gran Talaso, en Sanxenxo, ao Talaso Hotel...

Luis López recibe o alumnado do CPR San José de Pontevedra na súa visita...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este xoves unha vintena de alumnos e alumnas de 5º de Primaria do CPR San...

Tui un destino único e cheo de maxia para celebrar estas festas

0
O Mercado de Nadal e o Taller Máxico de Papa Noel destacan nas actividades desta ponte festiva Este Nadal, Tui convértese no lugar ideal para...

Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos da comarca...

0
Son 17.000 euros para dous clubs de piragüismo, 52.000 euros para catro clubs de remo e 9.000 euros para dous clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos de sete...

0
Son 73.000 euros para sete clubs de piragüismo, 67.000 euros para oito clubs de remo e 47.000  euros para catro clubs de vela, que...

Publicacións Relacionadas