Home A Coruña Mariñas-Betanzos organiza un evento para descubrir as experiencias galegas de “ cohousing”

Mariñas-Betanzos organiza un evento para descubrir as experiencias galegas de “ cohousing”

- Anuncio -

• O principal obxectivo deste concepto é crear un novo modelo de vivenda eficiente e sostible

• A xornada desenvolverase ao longo deste sábado, 23 de abril, no CEIDA de Oleiros

A Asociación Mariñas-Betanzos, en colaboración co Programa Media Leader e Cohousing Ártabra, organiza unha xornada para tratar un novo modelo de convivencia, o “ cohousing” ou vivendas colaborativas, ademais de dar a coñecer as experiencias galegas que xa o practican.

Ao longo do día expertos na materia explicarán en profundidade en que consiste este concepto, que ten como principal obxectivo crear un modelo de vivenda eficiente e sostible. A través da colaboración de todos os membros da comunidade e dun deseño da casa orientado a aforro enerxético e coidado da contorna, preténdese realizar un aproveitamento máximo dos recursos.

A inauguración da xornada será ás 9.30 horas, tras a que haberá un coloquio sobre as experiencias de “ cohousing” no Estado español. Ás 12.00 horas celebrarase unha mesa redonda sobre “Coidados e territorio”, onde participarán unha traballadora social, dúas arquitectas e un experto en maiores e persoas con discapacidade. As persoas que asistan poderán gozar dunha comida organizada ás 14.00 horas e ás 16.30 horas expoñeranse os exemplos galegos deste novo modelo de vivenda, entre o que se atopa o de Isabel López Chamorro, situado en Teixeiro, territorio pertencente á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O evento celebrarase de forma presencial o sábado 23 de abril no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, situado no Castelo de Santa Cruz de Oleiros. Para consultar máis información sobre esta xornada ou inscribirse na mesma, pódese chamar ao 981 669 541 ou enviar un correo electrónico a cohousingartabra@gmail.com ou a diego.miranda@marinasbetanzos.gal.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas