Home A Coruña Alejandra Pérez Máquez cualifica de “día feliz” o inicio da demandada obra...

Alejandra Pérez Máquez cualifica de “día feliz” o inicio da demandada obra de construción da glorieta do cruzamento de Ferrol na N-6

- Anuncio -

· O delegado do Goberno, José Miñones, presidiu o acto de comezo duns traballos que permitirán mellorar a seguridade e reducir accidentes nun punto negro de tráfico.


· O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) destina 1,3 millóns de euros a esta actuación, que inclúe tamén outra rotonda na intersección coa AC-214.


· “Son unhas obras necesarias e moi demandadas, nun punto no que estamos cansados de ver accidentes”, destacou a alcaldesa.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, e a subdelegada do Goberno, María Rivas, presidiron hoxe, luns 19 de setembro, o acto de inicio das obras de construción de dúas glorietas na confluencia da estrada N-6, coa AC-164 (km 580,000) e a AC-214 (km 579,400), en Guísamo.

Na súa intervención, Alejandra Pérez Máquez cualificou este día como “feliz, xa que son unhas obras necesarias e moi demandadas, nun punto no que estamos cansados de ver accidentes e que ademais resolverán a intersección coa AC-214 xa que agora as incorporacións desde esta vía son complicadas”. “Estarei máis contenta aínda cando volvamos estar aquí para dar por finalizadas as obras”, expresou.

Pola súa banda, o delegado celebrou que “hoxe damos resposta a unha demanda veciñal histórica cunha obra que é exemplo da nosa aposta pola modernización das vías e a mellora da seguridade viaria do conxunto da poboación”.

Características técnicas

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) destina 1,3 millóns de euros a esta mellora da seguridade viaria, coa que actúa sobre un Tramo de Concentración de Accidentes (TCA) detectado.

A obra inclúe a remodelación da intersección existente no km 580,000 da estrada N-6 coa AC-164, transformándoa nunha glorieta dotada de vías de servizo laterais que permitan o acceso ás propiedades lindeiras. Ata 25.000 vehículos circulan diariamente por este cruzamento.

O proxecto tamén prevé a implantación dunha nova glorieta reducida na intersección do km 579,400 da N-6 coa AC-214. Ademais, reordenaranse os accesos entre ambas as glorietas.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas