Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Coruña acolle o IX Workshop Internacional de Investigación en Emprendemento, con...

A Coruña acolle o IX Workshop Internacional de Investigación en Emprendemento, con grandes expertos do sector

- Anuncio -

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, recibiu en María Pita ás persoas participantes

A Coruña acolle entre hoxe e o sábado 21 o IX Workshop Internacional de Investigación en Emprendemento (GEM-ACEDE). Os principais docentes, investigadores e xestores en materia de emprendemento do país están na cidade da man do Concello e da Sección de Emprendemento de ACEDE e do Observatorio de Emprendemento de España.

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, recibiu en María Pita ás 60 persoas participantes neste evento. “A nosa cidade ten talento, iniciativas e ideas que desde o Goberno de Inés Rey buscamos que triunfen nun mundo cada vez máis competitivo. O noso papel como administración é que ningún proxecto innovador ou diferencial quede sen desenvolverse”, sinalou a concelleira. Cabanas destacou que A Coruña é unha gran potencia na celebración de encontros MICE, como reflicten os datos deste 2024, con 44 eventos e máis de 100.000 asistentes confirmados.

Na novena edición do IX Workshop Internacional de Emprendemento que se celebra na Coruña, ademais dos investigadores e xestores que presentarán os seus avances, participarán tres expertos internacionais de renome académico e profesional (keynote speakers), que liderarán as sesións maxistrais do congreso e tutelarán os traballos dos mozos investigadores, favorecendo a súa publicación e difusión internacional. Trátase de Ernesto Amorós, actual presidente do GEM Global, e vicepresidente do Iberoamerican Academy of Management, David Urbano, catedrático de organización de empresas da Universidade Autónoma de Barcelona e director do Centre for Entrepreneurship and Social Innovation Research (CREIS) e Rachida Xusto, directora da Cátedra de Emprendemento Social (Impact Bridge IE-Social Entrepreneurship and Impact Investing) do Instituto de Empresa e experta de renome internacional en emprendemento social.

Relacionadas

Incendio dunha finca urbana na parroquia de Barro, no Concello de Noia

0
O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro foron alertados ás 12:20 horas desta mañá dun incendio dunha finca urbana na...

O Grupo Municipal Socialista alerta do “dano medioambiental irreparable” que as obras da senda...

0
▪ Nunha visita á zona coa asociación de veciños Conxo Aberto, instaron novamente á administración autonómica a paralizar as obras e revisar o trazado:...

O mikvé da rúa Sinagoga, peza clave nas xornadas sobre arqueoloxía urbana organizadas polo...

0
O concelleiro de Urbanismo e Rehabilitación, Francisco Díaz Gallego, explicou o proceso de achado e os estudos que se están a realizar no enclave O...

Adxudicación da redacción proxecto básico e de execución para a Rehabilitación do Conservatorio de...

0
O concello de Ribeira segue novamente dando pasos en materia de eficiencia enerxética e sustentabilidade con esta nova adxudicación de redacción de proxecto e...

Música, maxia, mercado de artesanía, mostra etnográfica e degustación de produtos locais, esta fin...

0
A festa abrirase na tarde do sábado 21 de setembro cun concerto de Roi Casal dentro da súa xira “Ambos Mundos” A praza de Ponte...

Comeza o programa “Saber Facer Barrio 2024” para reflexionar sobre emprendemento e oportunidades de...

0
A próxima semana arrinca en Conxo a acción "Saber Facer Barrio 2024", impulsada pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude,...

Publicacións Relacionadas