Home A Coruña A cuarta edición do Gulliver Fest desenvolverase do 11 ao 13 de...

A cuarta edición do Gulliver Fest desenvolverase do 11 ao 13 de agosto na área recreativa de Pedroso

- Anuncio -

A alcaldesa en funcións, Marián Ferreiro e a concelleira en funcións de Turismo, Natalia Hermida, presentaron xunto con Ángel Sánchez e Martín Vázquez, presidente e secretario respectivamente da Asociación FurgoGalicia, a cuarta edición do festival da cultura viaxeira Gulliver Fest, organizada polo Concello de Narón e o Padroado da Cultura en colaboración coa Asociación FurgoGalicia. O evento desenvolverase do 11 ao 13 de agosto na área recreativa de Pedroso e un ano máis ofrecerá ao público unha ampla e variada programación que inclúe propostas para persoas de todas as idades. As actividades deseñadas para esa fin de semana e os concertos son de acceso libre, se ben as persoas que desexen acudir coas súas furgonetas, caravanas e autocaravanas poden reservar praza –capacidade limitada- a través do enlace: https://www.furgogalicia.org/entrada-gulliverfest-2023/ ou da web: www.gulliverfest.es, onde se ofrece toda a información deste evento.
A programación abrirá o 11 de agosto ás 10.00 horas, coa apertura da zona camper e de autocaravanas para que dende as 16.00 horas comecen as propostas deste festival da cultura viaxeira. Un obradoiro de upciclyng ás 16.30 horas, a primeira charla viaxeira ás 18.00, un obradoiro de buschcraft ás 19.00 horas e música con DJ Imar dende as 22.30 horas completarán as propostas da primeira xornada.
O sábado ás 9.00 horas unha carreira de orientación, cun carácter popular e para a que haberá que inscribirse, de balde, previamente e ás 9.30 horas haberá unha sesión de ioga. Continuarán tamén o día 12 as charlas viaxeiras, con dúas programadas ás 10.30 e ás 11.15 horas e ao longo da mañá haberá unha sesión teatral e un concerto. Pola tarde retomarase a programación con teatro ás 16.30 e haberá tamén un obradoiro de chapas do festival, dúas novas charlas viaxeiras e concertos, como os de Arima Soul e Alademoska, entre outros.
Finalmente, o domingo 13 comezará a cita con ioga, ás 9.30 horas e seguirá dende as 10.30 horas con dúas charlas viaxeiras, xogos populares, teatro, unha competición de xogos populares e música, a programación musical seguirá pola tarde, de 16.30 a 19.00 horas, coa Duendeneta e ás 17.00 horas o concerto de A Ganga Calé.
Os representantes da Asociación FurgoGalicia animaron á cidadanía a acudir a esta nova edición do Gulliver Fest, un festival, recalcaron, “sobre natureza, música, viaxes e literatura que se desenvolve nun espazo privilexiado da cidade”.
Pola súa banda, a alcaldesa destacou que o festival “é unha das propostas de lecer máis consolidadas na nosa cidade, a pesar de que tan só levamos catro edicións, que medra ano tras ano e que queremos que continúe sendo un referente a nivel galego e tamén para toda a xente que se achega doutras comunidades e incluso países para compartir uns días nos que as viaxes e a cultura cobran un peso fundamental no evento”.
Ferreiro incidiu en que se trata dun festival “único en Galicia neste formato de concertos, charlas viaxeiras e actividades, dirixido a un público familiar” e agradeceu a implicación da asociación FurgoGalicia e das firmas patrocinadoras e colaboradoras que respaldan este festival.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas