Home A Coruña A mocidade de Paderne contará con formacións gratuítas en competencias dixitais

A mocidade de Paderne contará con formacións gratuítas en competencias dixitais

- Anuncio -

 O Concello de Paderne ofrece xunto coa Fundación Cibervoluntarios dúas formacións de balde para rapazada de 9 a 13 anos e de 14 a 17

 O prazo de inscrición remata o 16 de decembro

O Concello de Paderne ofrece xunto coa Fundación Cibervoluntarios o Campamento Digit@l, unha iniciativa de formación gratuíta en competencias dixitais para a mocidade de 9 a 17 anos. Entre xaneiro e abril do 2025 ofreceranse dous grupos que, na Aula de Informática da Casa Consistorial, desenvolverán un curso con contidos e actividades adaptados a cada idade.

Por unha banda, os rapaces e rapazas de 9 a 13 anos poderán gozar dunha formación de 30 horas desde o 11 de xaneiro ao 1 de marzo, os sábados de 10:00 a 14:15 horas. Por outra banda, a mocidade de 14 a 17 anos terá á súa disposición a actividade, de 24 horas totais, do 8 de marzo ao 12 de abril, tamén os sábados de 10:00 a 14:15 horas.

Entre os contidos destacan o estudo de ferramentas dixitais, a creación de contrasinais para protexer datos, as pautas para verificar información e evitar crer ‘fakenews’, consellos para controlar o tempo fronte as pantallas, detección e prevención de situacións de ciberacoso ou competencias dixitais para a busca de emprego.

O prazo de inscrición remata o 16 de decembro e para anotarte haberá que chamar á Casa Consistorial.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba dúas modificacións de crédito de 1,1 millóns de euros...

0
O Concello de Brión celebrou este mediodía unha sesión plenaria extraordinaria na que se aprobaron dúas modificacións de crédito con cargo ao Remanente Líquido...

“Compostela prende o Nadal” este venres co acendido do alumeado que dá inicio ás...

0
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas; e a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, avanzaron esta mañá o...

Luces e música para da-la benvida ao Nadal na Pobra no 30 de novembro

0
A Pobra do Caramiñal dará a benvida ao Nadal co tradicional acto de acendemento do alumeamento e inauguración do belén municipal no 30 de...

A pista de xeo da II República abre o venres 29 de novembro

0
Oleiros contará con dous núcleos de actividades de ocio relacionadas co nadal, situadas en Perillo e Santa Cruz. O venres 29 iniciará a súa...

A obra de Manuel Carballeira Rivas volve á Galería do Concello de San Sadurniño

0
O pintor chairego afincado en Valdoviño foi en 2014 o primeiro artista en expoñer o seu traballo na nova sede municipal Carballeira Rivas é un...

Luz verde á nova ordenanza SITE, que mellorará o urbanismo na cidade regulando as...

0
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o proxecto construtivo da nova pista multideporte da urbanización Breogán. A alcaldesa, Inés Rey, informoulle este luns...

Publicacións Relacionadas