Home A Coruña A mostra de teatro para escolares da Pobra congregará arredor de 600...

A mostra de teatro para escolares da Pobra congregará arredor de 600 crianzas

- Anuncio -

Cinco funcións integran a mostra de teatro para escolares que se desenvolverá na Pobra do Caramiñal nas vindeiras semanas. Terán lugar nos días 2, 7, 9, 14 e 16 de febreiro, ás 11.00 horas.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), esgrime que se organiza unha nova edición coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña para inculca-la paixón polas artes escénicas nas novas xeracións. Por seren saídas ao teatro cos centros educativos da localidade, aínda que tamén haberá presenza dun club de lectura infantil de Boiro, non se require a inscrición previa. Deste xeito, aproximadamente 600 escolares de distintos graos de ensinanza (infantil, primaria e 1.° da ESO) pasarán polas instalacións do Elma.

As sesións comezarán no día 2 con Cantaxoga, de Migallas Teatro. Trátase dun musical con sketchs cómicos relacionados cos contidos das cancións.

No día 7 será a quenda de 4 monos, a cargo da Tropa de Trapo; un espectáculo de narración oral, música en directo e teatro de obxectos. Catro contos para falar das relacións sociais e co medio, para rir, para reflexionar, para cantar e para soñar con outro mundo posible.

Proseguirá con H2…OH!, de Ghazafelhos, no día 9. Baseada no libro de María Canosa, achega as curiosidades científicas que experimentamos no noso día a día e ás cales uns/unhas extravagantes científicos/as lles darán resposta.

Xarope Tulú representará no día 14 Rilla rilla, unha función que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma. A través dun concurso sobre a lingua galega, o público mergullarase en vocábulos que case nunca medran nos libros.

O ciclo finalizará no día 16 da man de Marcos Escudero e Con area cousas debuxo. Esta exhibición fusiona varias técnicas para contar historias a través de imaxes que se trazan con area para proxectalas nunha pantalla.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas