Home A Coruña A oitava edición de Galicia Magic Fest chega á Coruña os días...

A oitava edición de Galicia Magic Fest chega á Coruña os días 2 e 3 de xaneiro cos mellores ilusionistas do mundo

- Anuncio -

As entradas para os cinco pases no Teatro Colón xa están á venda

Galicia Magic Fest chega á súa oitava edición cun gran elenco de ilusionistas de relevancia mundial e caras coñecidas de programas como Got Talent. Os días 2 e 3 de xaneiro haberá catro sesións no Teatro Colón, ás 18.00 e 20.30 horas o xoves 2 e ás 12.00, 18.00 e 20.30 horas o venres 3. Este espectáculo forma parte da programación de Nadal do Concello, coa que “o Goberno de Inés Rey ofrece un mes completo de actividades para todos os públicos e idades”, tal e como sinalou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

Será unha gala internacional trepidante na que se poderán ver especialidades moi diferentes da man dalgúns dos ilusionistas máis prestixiosos do mundo. Galicia Magic Fest está organizado polo reputado ilusionista galego Pedro Volta, que participará no espectáculo xunto con Hakan Berg (Suecia), Trigg Watson (Estados Unidos), Lea Kyle (Francia), Anca e Luca (Austria e Hungría) e Hun Lee (Corea do Sur).

As entradas para todas as sesións atópanse á venda a través de Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense. Tamén será posible adquirilas o mesmo día do espectáculo, sempre que haxa dispoñibilidade. A Coruña volve ser unha das cidades onde se celebra este festival de maxia e na que máis sesións se celebran, xa que nas anteriores ocasións houbo unha gran resposta do público.

O renovado elenco de ilusionistas e magos conta con numerosos premios de prestixio mundial e participacións nos concursos máis importantes de talento como Got Talent, nas edicións norteamericana e sueca. Trátase dun espectáculo familiar moi consolidado en Galicia e o número de sesións que levan a cabo convérteo nun dos máis importantes de España de ilusionismo.

Relacionadas

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Incendio na nave do Matadoiro de Vilaseco, en Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia...

Publicacións Relacionadas