Free Porn
xbporn
Home A Coruña A poeta Yolanda Castaño participará este mércores nun encontro literario en San...

A poeta Yolanda Castaño participará este mércores nun encontro literario en San Sadurniño co gallo das Letras Galegas

- Anuncio -

Casa da Cultura, 11:00h

Poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, tradutora, violinista…, na figura de Luísa Villalta (1957-2004) couberon todas estas disciplinas, enfiadas pola musicalidade da súa escrita, o universo da cidade da Coruña, o feminismo e o seu compromiso co país, manifestado non só a través da creación, senón tamén do activismo social e cultural. A ela dedícanselle neste 2024 as Letras Galegas, unha data para a que en San Sadurniño se organizaron tres actividades principais: un encontro coa tamén poeta Yolanda Castaño, previsto para a mañá deste mércores 15 na Casa da Cultura, o espectáculo gratuíto “A maxia das nosas letras” co Mago Teto -o xoves ás 18:30h- e, xa para a próxima semana, o martes 21 pola mañá, o “Consertasso na horta” que lle ofrecerá Brais das Hortas á cativería do CPI e da EIM A Rolada.

Yolanda Castaño -Premio Nacional de Poesía 2023-, malia ser doutra xeración, coincidiu con Villalta no movemento literario dos 90 e principios deste século, do que xurdiría a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, e, ademais diso, é boa coñecedora da vida e obra da autora homenaxeada.

No encontro que terá lugar na Casa da Cultura este mércores a partir das 11:00h, Castaño repasará a súa propia traxectoria persoal como muller e creadora, ademais de abordar a dimensión literaria e humana Luísa Villalta. O acto, no que participará o club de lectura de San Sadurniño, tamén se aproveitará para ler poemas e falar sobre a situación actual da lingua e da literatura galega.

Para pasado mañá, o xoves 16 ás 18:30h, Cultura programou “A maxia das nosas letras” co Mago Teto. O ilusionista ourensán afonda neste novo espectáculo na dinamización e promoción da lingua galega tocando agora a literatura contemporánea. Partindo da Longa Noite de Pedra achéganos ás escritoras e escritores máis recentes, con xogos abraiantes sobre a obra de autores como Manuel Rivas, Vidal Bolaño ou Luísa Villata.

Trátase dunha proposta con entrada gratuita dirixida a público familiar que emprega a maxia e a literatura para amosar o galego como unha lingua atractiva, moderna, divertida “que debemos empregar en todos os ámbitos da nosa vida cotiá” ligada a obras e exemplos de éxito.

A última das citas promovidas pola área de Cultura e a Biblioteca Municipal terá lugar o martes 21 ás 11:00h o salón de actos da Casa da Cultura, co “Consertasso na horta” do polifacético Brais das Hortas dirixido ao alumnado máis pequeno do CPI de San Sadurniño.

Ferreira aproveita o festivo para o seu xantar popular
As Letras Galegas celebrarase en Ferreira dun xeito un tanto distinto, xa que as dúas comisións de festas do San Paio e a do San Cristovo puxeron para o festivo o xantar de confraternidade que reunirá arredor da mesa á veciñanza da parroquia, aínda que é aberto a quen queira sumarse á troula.

O menú: paella para 1.000 persoas acompañada de xamón cocido, repolo, chourizo e cachelos, ademais de sobremesa, bebida, café e un licor. O prezo do prato son 30€ para as persoas maiores de 12 anos, mentres que pola cativería de 7 a 12 haberá que pagar 15€ e a rapazada menor desa idade xantará de balde.

Sobra dicir que todo se desenvolverá debaixo dunha carpa e, ademais, a comisión tamén traerá inchables para a cativería e música durante toda a tarde. Os tíckets hai que mercalos o antes posible no bar Ferreira -no lugar da Chabola-, na Parrillada María Queira -en Igrexafeita-, no Café-bar Del Palacio -San Sadurniño-, ou na Taberna de Pancho, situada na Avenida de Galicia 15-17, nas Pontes.

Relacionadas

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

O espazo de participación de infancia e de adolescencia da  Laracha realiza un roteiro...

0
Mediante esta actividade os nenos, nenas e adolescentes experimentaron realidades diversas en materia de accesibilidade para atopar eivas no deseño urbano da vila da...

Publicacións Relacionadas